Día Mundial da Poesía
Hoxe 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía e queremos celebralo contigo.
Anímaste a subir os teus versos predilectos as nosas reses sociais? Poden ser propios ou doutros poetas.
"Non me gustaban de nena os peluches
e lembran meus pais que non xoguei moito ás bonecas.
Non me deteño a cociñar e na química das quimeras
rocei un xeito de delincuencia xuvenil.
Un xénero feminino algo a desmán das narracións para o ano en que nacín."
Xela Arias, "Darío a diario" (Xerais, 2006)

