Horarios especiais da sala de lectura
AMPLIACIÓN HORARIA DA SALA DE LECTURA:
Do 1 ao 31 de agosto, de luns a venres non festivos, de 16:00 a 20:00

AMPLIACIÓN HORARIA DA SALA DE LECTURA:
Do 1 ao 31 de agosto, de luns a venres non festivos, de 16:00 a 20:00
Escribide nas nosas redes sociais o nome da cidade onde transcorre o libro que ledes, o título e o autor ou autora. Con eles faremos mapas e listas de lectura para configurar unha viaxe literaria.
#DíadoLibro #aculturasegue
Viaxar lendo
Como resultado da vosa participación temos 98 puntos no mapa e 75 obras na listaxe.
Moitísimas grazas pola magnífica viaxe e seguide achegando destinos se o desexades.
O vindeiro sábado 10 de agosto celébrase a sexta edición da Noite das Perseidas no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica, en San Cibrao de Las (Ourense). Esta é unha experiencia para descubrir e sentir a maxia de Lansbrica: unha cidade sen igual que quere conquistar a todos os asistentes. Como novidade este ano, as actividades amplíanse a case toda a xornada:
Edicións Do Peirao convoca a terceira edición do seu premio de novela; sendo a data límite para presentar as obras o venres 20 de setembro de 2019 a través do correo concurso@dopeirao.eu. A obra gañadora recibirá unha dotación económica de 600€ en concepto de anticipo da publicación. Os traballos presentados deberán ter unha extensión mínima de 120 páxinas en DinA4 a dobre espazo con fonte Time News Roman ou Arial a tamaño 12.
Hai moitas razóns para ler, sobre todo no verán:
Xoves 11 de xullo
Rosalía e o Camiño en Compostela, con Curros Enríquez
18.00 Recital no Panteón de Galegos Ilustres coa Fundación Curros Enríquez. Participan: Taha Adnan, Frank de Crits, Geert van Istendael, Serge Meurant, Silvia Vainberg, Bart Wonck, Ramón Neto e Xavier Queipo.
19.30 Presentación de Minutos para medianoite, de Ramón Neto e Xavier Queipo na libraría Couceiro, con Francisco Castro.
Venres 12 de xullo
Lembrades os retos lectores do verán 2018? Pois xa estamos noutro verán e queremos volver a desafiarvos. Esta vez facémosvos partícipes da concienciación das bibliotecas en relación con retos da nosa vida cotiá: igualdade, medio ambiente e alfabetización dixital.
Entre xullo e agosto hai case 9 semanas, imos propoñervos un reto lector cada tres semanas.
Animádesvos a participar?
Cedemos o espazo da biblioteca a Xeración, unha asociación de Ferrol activa na dinamización cultural da cidade dende 2013, que organiza este evento conformado por unha presentación documental, unha exposición e unha Biblioteca Humana.
É un proxecto internacional con 24 artistas procedentes de toda Europa que percorreron o Camiño inglés recompilando fotos, vídeos e historias. Neste evento, que pecha o proxecto, presentan a súa experiencia no camiño a modo de Biblioteca Humana e expoñen os seus relatos, láminas e audiovisuais recollidos durante a peregrinaxe.
'Chupalagamba' é un evento de moda, arte e deseño que terá lugar o 8 de xuño na Escola Unitaria.
O obxectivo do mesmo é presentar o resultado da colaboración entre tres marcas e un artista visual invitado.
Ademais da presentación, durante todo o día haberá diferentes actividades; comezará pola mañá cunha charla, seguido dun DJ con sesión vermú e unha actuación musical como peche.
+Info
Chega a Holi Gaiás 2019, unha carreira con música e cor organizada pola Cidade da Cultura de Galicia na que poderán participar escolares e persoas adultas.
A actividade, que se realiza a semellanza dos festivais cos que, en India, Guyana ou Nepal, celebran a estación primaveral, contará con dinamización durante o itinerario e tamén con po multicor que tinguirá aos participantes coas cores do arco da vella.
+Info