Aniversario Eugenio Granell
Xornada de portas abertas polo Aniversario de Eugenio Granell. Do 26 ao 30 de novembro todas as actividades serán de balde.
+info

Xornada de portas abertas polo Aniversario de Eugenio Granell. Do 26 ao 30 de novembro todas as actividades serán de balde.
+info
Se te atreves a explorar as Terras Descoñecidas prepara os dados e mergúllate con nós na aventura!
Sesións ao xogo de rol de 2010 Aventuras en la Marca del Este (retroclón da versión de 1983 de Dungeons & Dragons) de entre 90 e 120 min. de duración en venres alternos.
Cedemos o salón de actos a PØSTarquitectos para a realización desta actividade patrocinada pola Deputación de A Coruña.
A vila do mañá é un proxecto educativo e de divulgación que ten como fin que desde a infancia e a través do xogo se tome conciencia de todas as escalas do común: o Patrimonio tanxible e intanxible, a Arquitectura, o Urbanismo e a paisaxe.
Tómase conciencia da nova visión de Compostela que nos aportan pequenas e pequenos, as e os habitantes do mañá, dotándoos de ferramentas para desenvolver a súa creatividade desde a Arte e a Arquitectura.
DEBUXA O TEU DESEXO DE NADAL !!!
Se es pequeno e queres deixarnos o teu desexo de Nadal, a Biblioteca ofréceche o seu espazo infantil para que todo aquilo co que soñas poidas facelo realidade.
Trae os teus debuxos e compárteos connosco!!!
Do luns 2 de decembro ao sábado 4 de xaneiro
Volve a pista de xeo de Area Central, cuns 1200 metros cadrados se posiciona como a pista de xeo natural máis grande de Galicia. Estará ubicada na Praza de Europa (Praza Central do Centro Comercial Area Central) ata finais de febreiro.
+info
O Concello de Nigrán organiza este sábado 23 unha andaina de recollida de cogomelos en Camos que porá fin a programación cultural de outono para iniciar a continuación a de Nadal. Os interesados en participar deben presentarse ás 12:00 horas no parque das antigas escolas infantiles de Balinfra (Camos), dende onde partirá a andaina micolóxica, que ten prevista unha duración aproximada de dúas horas e que contará cun guía educador ambiental. A recollida só se suspenderá en caso de fortes choivas, do contrario realizarase igualmente, por elo se recomenda levar roupa e calzado axeitado.
Os principais desafíos de Atlas son protexer a identidade de WHS (World Heritage Sites), ao tempo que melloran os seus activos culturais para estimular o desenvolvemento económico e cultural do patrimonio. O principal resultado serán os planes de sustentabilidade de cada WHS, mediante a implementación dun modelo de xestión e monitoreo integrado e participativo, que xorde da construción común e o intercambio de coñecementos e mellores prácticas.
+info
III Andaina contra a Violencia de Xénero desde Palas de Rei ao Castelo de Pambre. Saída dende a Praza do Concello. Haberá transporte gratuito para o regreso.
Necesario inscribirse: Centro de Información a Muller 982 380 003 / Cultura: 629 324 528
DATAS APROXIMADASDesde o ano 1988 Compostela vive a súa peculiar cita cinéfila con 'Cineuropa'. Durante todo o mes de novembro pásase revista ao mellor cine da tempada, desde os premios de Cannes, Berlín, Venecia ou San Sebastián, ata o pequeno cine alternativo, reunindo aos grandes nomes, aos novos realizadores, ao xénero documental e á proxección de copias especialmente restauradas para este festival non competitivo, alleo aos intereses económicos, pensado exclusivamente para disfrute do espectador.
Neste obradoiro, que correrá a cargo da Cooperativa Miudiño, os nenos e nenas terán liberdade para manipular materiais naturais e empregar ferramentas para transformar, modificar e crear o que desexen.
Prazas para:
- Nenos/as de 4 a 9 anos acompañados dun adulto.
- Nenos/as a partir de 10 anos (poderán quedar sen acompañante)
Inscricións: museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.gal
+Info