Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Imaxina o teu Nadal no Gaiás

A Cidade da Cultura anima as e os máis pequenos da casa a ser parte desta festa a través dun concurso de postais no que imaxinar o seu propio Nadal no Gaiás. Participar é moi fácil: colle a plantilla, pinta o teu Nadal no Gaiás e envíanos a postal por correo postal, ao mail online@cidadedacultura.org ou deposítaa no buzón do Museo Centro Gaiás antes do 22 de decembro. As tres máis orixinais recibirán un agasallo da Cidade da Cultura e entradas para unha das actividades da programación especial para este Nadal.

Galego

Club de lectura fácil

A Biblioteca acolle en colaboración con ASPAS e FADEMGA, un Club de Lectura Fácil dirixido a todas aquelas persoas adultas que teñen dificultades lectoras, xa sexan permanentes ou transitorias: persoas recén chegadas que aprenden o idioma de acollida, persoas maiores, adultos que se inician na lectura, persoas con discapacidade intelectual, etc. Precisase inscripción previa, máximo 4 persoas.

Galego

Día da Ciencia en Galego

Acto institucional e actividades para celebrar o Día da Ciencia en Galego. Rapaces e rapazas de 6º de primaria terán ocasión de coñecer de primeira man a figura de Isidro Parga Pondal, un dos científicos propostos por Igaciencia para conmemorar esta data, así como de facer un percorrido guiado polo Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago e ver algúns dos fondos que pertenceron ao ilustre xeólogo. Todo co obxectivo de que descubran a idoneidade do galego para facer, ensinar e divulgar ciencia.

Galego

Os cinco sentidos

Bebecontos - Obradoiro creativo desenvolvido por Xeitura para nenos e nenas ata 3 anos.
Descubrimento dos sentidos a través de novas metodoloxías educativas, aplicando a divulgación e o interese da prelectura en nenos de 0 a 3 anos, potenciando a creatividade.

Galego

Os luns obradoiros literarios

Trátase de achegarse aos clásicos de maneira amena e divertida. A cargo de Luz Martínez, voluntaria do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Para nenos e nenas de 6 a 8 anos, máximo 10. Precísase inscrición previa. Na primeira sesión adicaranse 10 minutos á presentación da actividade para as nais e pais dos participantes.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades