Observación do ceo nocturno con telescopio
Actividade guiada e explicada de observación dos astros, a cargo do persoal do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC no marco do programa Todocosmos e financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).
No salón de actos faise unha breve explicación da observación e despois, no exterior da biblioteca, obsérvanse varios astros co telescopio.
No caso de que as condicións meteorolóxicas non acompañen ese día, moveríase a actividade a outro día.
Requírese inscrición previa, máximo 50 persoas.

