Xornada de portas abertas
Sesión informativa para pais, nais ... sobre o funcionamento da sala infantil, fondos, normas de uso, actividades. Para público familiar co gallo da celebración do Día da Biblioteca-24 de outubro.
Sesión informativa para pais, nais ... sobre o funcionamento da sala infantil, fondos, normas de uso, actividades. Para público familiar co gallo da celebración do Día da Biblioteca-24 de outubro.
Visita na que ademais de realizar un percorrido polo edificio que inclúe espazos cuxo acceso está normalmente restrinxido, se amosan algúns documentos singulares dos que custodia a institución. Esta actividade encádrase na celebración do Día da Biblioteca-24 de outubro.
Trátase de achegarse aos clásicos de maneira amena e divertida. A cargo de Luz Martínez, voluntaria do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Para nenos e nenas de 6 a 8 anos, máximo 10. Precísase inscrición previa. Na primeira sesión adicaranse 10 minutos á presentación da actividade para as nais e pais dos participantes.
Mostra bibliográfica para acompañar á exposición “Os monicreques e a arte. Marionetas inspiradas en Picasso e Miró”, desplegada no vestíbulo da biblioteca e organizada con motivo do XX Festival Internacional de Títeres Galicreques 2015.
Ata o 15 de outubro.
Mostra cunha selección de libros infantís cuxos protagonistas son as bibliotecas e os bibliotecarios e bibliotecarias.
A cargo de Daniel Mora e Ana Brandariz, estudantes en prácticas de Animación Turística do IES Rosalía de Castro. Actividade de Formación de Usuarios na que as nenas e nenos coñecerán os traballos desenvolvidos na biblioteca, mediante a recreación da xornada dun compañeiro, o bibliotecario asasinado.
Esta actividade encádrase nas de celebración do Día da Biblioteca - 24 de outubro.
Para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Máximo 10 participantes.
Exposición de documentos que posúe a biblioteca relativos a estes temas propostos, completados con bibliografías e, en ocasións, con fotos e textos.
Exposición de documentos que posúe a biblioteca relativos a estes temas propostos, completados con bibliografías e, en ocasións, con fotos e textos.
A Biblioteca volve á rúa! Estaremos no Mercado de Abastos de Santiago un ano máis.
Nesta ocasión, o posto de atención ao público permanecerá aberto todos os sábados de outubro en horario de 8.30 a 13.45 h.
Varias actividades para conmemorar o Día da Biblioteca, que se celebra o 24 de outubro.
Comézase coa xornada de portas abertas: vista guiada ás 11:00 h. Continúa co regalo de lotes de libros aos superlectores infantís e adultos. Ao que lle segue a Campaña de liberación de libros, que vén a celebrarse durante toda semana.
Esta liberación de libros faise en diferentes espazos da biblioteca. As persoas interesadas poderán escoller que libros levar a casa e despois de lelos, poderán á súa vez deixalos nalgún lugar da nosa cidade para que outra persoa goce coa súa lectura.