Espazo Expositivo de Arturo Baltar
O Belén de Ourense, máis coñecido popularmente polo nome do seu autor, componse dunha gran cantidade de pezas feitas en barro cocido, ademais de curiosas representacións relixiosas e civís que, mesturadas, conxuntamente coas construccións de carácter popular, crean ese ambiente singular.
O Belén está composto por figuras de barro cocido de entre 20 e 25 centímetros. Entre estas figuras pódense atopar personaxes coñecidos da cidade de Ourense.

