Belén da Viruca
Un Nadal máis, o tradicional Belén da Viruca, realizado pola verinense Viruca González Barreira coa colaboración dos seus familiares e amigos/as, volta a Verin para amosar a veciños/as e visitantes os seus máis de 150 metros cadrados, nos que se recollen decenas de figuras artesanais, moitas delas móbiles.

