LGx15. Ideas para o futuro da lingua
A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) na segunda edición deste encontro que presentarán os regueifeiros Josiño da Teixeira e Luís O Caruncho e que contará coas intervencións do labrego Alberte Lamazares, a comunicadora Belén Regueira, a zoqueira Elena Ferro, os blogueiros Diana Fernández e David Díaz, o webmaster Marcus Fernández, a costureira de Internet María Yáñez, o músico Mark Viersma e a profesora e poeta Rosalía Fernández, ademais da actuación do grupo Poetarras.

