Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Club de lectura fácil

Dirixido a todas aquelas persoas adultas que teñen dificultades lectoras, xa sexan permanentes ou transitorias: persoas recén chegadas que aprenden o idioma de acollida, persoas maiores, adultos que se inician na lectura, persoas con discapacidade intelectual, etc.

Precisa inscripción previa, máximo 4 persoas.

Actividade que se realiza en colaboración con ASPAS e Fademga

Galego

Os Bolechas. Xira de Nadal 2015

Diversión en galego asegurada para estas festas de Nadal coa chegada dos corpóreos dos Bolechas, que traerán o seu magnífico R4 e o seu espectacular autobús de dúas plantas, onde se poderán realizar actividades do máis variado: obradoiros de artes plásticas, xogos na ludoteca, visionado das aventuras desta simpática familia na sala de cine...

Galego

Os luns obradoiros literarios

Trátase de achegarse aos clásicos de maneira amena e divertida. A cargo de Luz Martínez, voluntaria do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Para nenos e nenas de 6 a 8 anos, máximo 10. Precísase inscrición previa. Na primeira sesión adicaranse 10 minutos á presentación da actividade para as nais e pais dos participantes.

Galego

Imaxina o teu Nadal no Gaiás

A Cidade da Cultura anima as e os máis pequenos da casa a ser parte desta festa a través dun concurso de postais no que imaxinar o seu propio Nadal no Gaiás. Participar é moi fácil: colle a plantilla, pinta o teu Nadal no Gaiás e envíanos a postal por correo postal, ao mail online@cidadedacultura.org ou deposítaa no buzón do Museo Centro Gaiás antes do 22 de decembro. As tres máis orixinais recibirán un agasallo da Cidade da Cultura e entradas para unha das actividades da programación especial para este Nadal.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades