Quen matou o bibliotecario?
A cargo de Daniel Mora e Ana Brandariz, estudantes en prácticas de Animación Turística do IES Rosalía de Castro. Actividade de Formación de Usuarios na que as nenas e nenos coñecerán os traballos desenvolvidos na biblioteca, mediante a recreación da xornada dun compañeiro, o bibliotecario asasinado.
Esta actividade encádrase nas de celebración do Día da Biblioteca - 24 de outubro.
Para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Máximo 10 participantes.

