Celebración do sétimo aniversario
Celebración do sétimo aniversario da súa existencia que inclúe:
- Balance da evolución da biblioteca pola directora aos medios de comunicación, ás13.00 horas no Salón de actos.
- Bolsas sorpresa: formadas por libros, DVDs, CDs, etc. recomedados. Os lotes están organizados atendendo aos posibles gustos dos lectores: para románticos, para viaxeiros, para amantes do misterio, para aventureiros... As bolsas (non os materiais no interior) regálanse a todos aqueles que leven o seu contido en préstamo.
- Visitas guiadas ás 12 e 16 horas.

