Outras actividades

III Concurso de fotografía Lendo en Compostela
Acto de entrega dos premios aos gañadores ou gañadoras do III Concurso de fotografía Lendo en Compostela.
Curso de alfabetización dixital
Concetos para iniciar aos novos usuarios en cuestións básicas do manexo de internet.
Lingua de Reis
Os escolares de infantil e de primaria de seis concellos da Rede de Dinamización Lingüística (Triacastela, Folgoso do Courel, San Cristovo de Cea e mais Piñor, Manzaneda e Oroso) recibirán a derradeira semana de clases do ano unha visita moi especial: os tres Reis Magos de Oriente pasarán polo seu centro e falaranlles na lingua propia de Galicia para que todos os nenos e nenas saiban o moito que lles gusta e que a aprecian.
Club de ciencias
Os afeccionados á ciencia ou os interesados no mundo que nos rodea, poden asistir a este club onde se tratarán temas científicos de actualidade. Para maiores de 16 anos. O terceriro venresres do mes ás 19:30 horas.
BoSCQuexeiros
O primeiro sábado de cada mes, ás 12 horas, reuniranse un grupo de afeccionados ao debuxo na biblioteca.
Recital poético homenaxe a Miguel González Garcés
Organiza a AELG, Asociación de escritoras e escritores en lingua galega. Participarán Cesáreo Sánchez e Francisco X. Fernández Naval, entre outros.
Concurso de Cartas do Nadal organizado polo Concello de Santiago
O Concello de Santiago invítache a participar neste concurso para nenos e nenas de Educación Infantil, primeiro e segundo ciclo de Educación Primaria e ás súas familias, no que se premiarán as tres cartas en galego que reflictan máis creatividade e contido a xuízo dos personaxes do Nadal. Todas as que inclúan os datos recibirán resposta. Encontraredes a caixa de correo na Sala Infantil (tamén haberá caixas de correo no Concello e nos centros escolares e socioculturais da nosa cidade)
Español para estranxeiros
Actividade a cargo de Uxía González Álvarez, voluntaria do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Diríxese a adultos que teñan o español como lingua estranxeira. Precísase ter o carné de biblioteca.
10 persoas máximo. Inscrición previa ata o fin da actividade o 28/05/2015.
Cafés filosóficos
A biblioteca fomenta o encontro nas súas instalaciós ao redor de temas filosóficos, dun xeito ameno.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- 148
- 149
- seguinte ›
- última »