Día do Libro - Intercambio de publicacións aberto ao público
Unha nova iniciativa, habitual entre bibliotecas, na que se ofrece ao público a posibilidade de conseguir exemplares dalgúns dos catálogos das exposicións e publicacións do Museo de Belas Artes, que se poden recoller na propia biblioteca a cambio de contribuír coa achega doutros catálogos ou publicacións relacionadas coas áreas temáticas da biblioteca (arte, patrimonio cultural, restauración e conservación, lexislación cultural, museoloxía, didáctica...).

