Liberación Bookcrossing
Os libros que se liberen estarán envolvidos e na parte frontal levarán unha tarxeta a xeito de mensaxe sobre o contido, autor... A liberación de libros levarase a cabo por membros de Biblioteca Pública de Lugo ás 12:00 h. e ás 16:00 h.
Ao mesmo tempo, a biblioteca invita os usuarios das RRSS e do blog a "regalar" fragmentos daqueles libros que obsequiarían ese día. Algo así como: "xa que non podo regalarche un libro, douche este fragmento que me gusta tanto". Deixarase subido ese post durante todo o día para que sexa compartido polas redes sociais.

