Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Celebración do sétimo aniversario

Celebración do sétimo aniversario da súa existencia que inclúe:

- Balance da evolución da biblioteca pola directora aos medios de comunicación,  ás13.00 horas no Salón de actos.
- Bolsas sorpresa: formadas por libros, DVDs, CDs, etc. recomedados. Os lotes están organizados atendendo aos posibles gustos dos lectores: para románticos, para viaxeiros, para amantes do misterio, para aventureiros... As bolsas (non os materiais no interior) regálanse a todos aqueles que leven o seu contido en préstamo.

- Visitas guiadas ás 12 e 16 horas.

 

Galego

Día do Libro - Escritura teatral por Fabiana Gastaldello

Obradoiro moi divertido e creativo, elaborado na Sorbonne, co obxectivo de construír monólogos e diálogos para o xogo teatral.
Imparte: Fabiana Gastandello.
Destinatarios: A partir de 16 anos.
Número de prazas: 22.
Días: 16, 18, 23 e 25 de marzo.
Horario: de 17 a 19:30 h.
Lugar: salón de actos

Esta actividade forma parte da programación conmemorativa do Día do Libro, que se celebra o 23 de abril.

Galego

Manexo de E-readers

Curso orientado a acadar un nivel de usuario independente no manexo de ereaders e na descarga e lectura de ebooks.
Contido
1. Descubre o libro electrónico: pros e contras.       

2. Coñece os formatos máis comúns. Calibre. 

3. Aprende a usar os lectores de libros electrónicos (ereaders). Bq Avant 3.      

4. Consegue e descarga libros electrónicos (ebooks). GaliciaLe.

DATAS    : 18 de marzo    

HORARIO: 17:00 h. a 20 h.     

LUGAR     : Sala multiusos

Máximo 15 prazas. É preciso inscribirse.

 

Galego

Eu son Rosalía!

Lerase a obra de Rosalía, na conmemoración do 178 aniversario do seu nacemento.

Nestes actos espallados por vilas e cidades de toda a comunidade a Asociación de Escritores en Lingua Galega pretenden que esta data (24 de febreiro) sexa recoñecida como o Día de Rosalía.

Galego

Eu son Rosalía!

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove desde 2010 a conmemoración o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, do Día de Rosalía de Castro, data na que esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.

Galego

Liberación Bookcrossing

Os libros que se liberen estarán envolvidos e na parte frontal levarán unha tarxeta a xeito de mensaxe sobre o contido, autor... A liberación de libros levarase  a cabo por membros de Biblioteca Pública de Lugo ás 12:00 h. e ás 16:00 h.

Ao mesmo tempo, a biblioteca invita os usuarios das RRSS e do blog a "regalar" fragmentos daqueles libros que obsequiarían ese día. Algo así como: "xa que non podo regalarche un libro, douche este fragmento que me gusta tanto". Deixarase subido ese post durante todo o día para que sexa compartido polas redes sociais.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades