Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Día do usuario/a - Homenaxe os voluntarios que colaboran coa biblioteca

A  biblioteca súmase a celebración do Día do usuario/a cunha serie de actividades que comezan ás 10 horas cunha visita guiada e que remantan as 20 horas cunha reunión-homenaxe os voluntiarios e voluntarias que colaborann coa biblioteca.

Ademais, os festexos inclúen entrega de carnés de superlectores tanto adultos como aos rapaces, ás 18 horas, á vez que agasallos sorpresa entre os usuarios que fagan uso do préstamo a domicilio co seu carné ese día, tanto para os máis grandes como para os pequenos e pequenas.

Galego

Día do usuario/a - Nomeamento de socios/as de honra

O 11 de xaneiro as biblbiotecas públicas celebran o Día do usuario/a das bibliotecas e a de Pontevedra ofrece unha programación especial para esta efeméride recollida no Calendario do libro e da lectura d 2016:

• Visita guiada pola biblioteca ás 11:30 h
• Incremento do número de obras que se poden levar en préstamo durante o Día do Usuario para todos os lectores que se acheguen á Biblioteca Pública de Pontevedra a celebrar esta conmemoración:
• Nomeamento de tres superlectores adultos e catro superlectores infantís.

Galego

Club de poesía

Amantes e curiosos da poesía teñen un espazo de encontro ao redor da paixón que esperta neles o verso, onde poden mergullarse, compartir e descubrir dun xeito diferente poemas e escritores.

Actividade que precesa de inscrición. 

Galego

Os luns obradoiros literarios

Trátase de achegarse aos clásicos de maneira amena e divertida. A cargo de Luz Martínez, voluntaria do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Para nenos e nenas de 6 a 8 anos, máximo 10. Precísase inscrición previa. Na primeira sesión adicaranse 10 minutos á presentación da actividade para as nais e pais dos participantes.

Galego

Espazos das familias

A Biblioteca cede un espazo de encontro para a formacion de nais e pais, o intercambio de experiencias sobre a primeira infancia e actividades de estimulacion para os nenos e nenas na procura do fomento da parentalidade positiva.

Para familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Precisase inscricion previa.

A cargo da Asociacion socio-educativa Antonio Gandoy e coordinado por Alicia López Pardo. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades