Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Obradoiro de pintura natural de Nadal

Animaremos á cativada a crear a súa propia obra de arte neste obradoiro cheo de cores. Utilizando pigmentos naturais poderán experimentar coa pintura dactilar mentres estimulan a súa creatividade mesturando cores e deseñando diferentes motivos de Nadal que levarán como adorno para as súas casas.

-Público destinatario: infantil, de 4 a 7 anos

-Hora: 16:30-18 h.

-Inscrición previa a partir do 23 de noviembre

Galego

Hackea o discurso

A partir das ferramentas creativas formuladas polo adbusting, neste obradoiro de collage repsaranse os estereotipo de xénero da imaxe das mulleres na publicidade da xornais e revistas. 

Obradoiro cunha duración de 3 horas de 18.00. a 21.00h está pensado para persoas maiores de 15 anos. 

As inscricións poden facerse chamando aos número de teléfonos 988 788385 / 386. 

Actividade realizada ao abeiro do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero.

Galego

Creación de fósiles

Os nenos e nenas poderán gozar desta actividade científica na que aprenderán como se forman os fósiles. Posteriormente farán unha busca en sedimentos de terra e aprenderán a extraelos e limpialos con coidado para a súa conservación.

Finalmente crearán o seu propio “fósil” que poderán levar a súa casa de recordo.

-Público infantil, de 8 a 12 anos

-Hora: 16:30-18 h.

Galego

Semana contra a violencia machista 2022: Festexando a igualdade

Finalizamos a programación da Semana contra a violencia machista con 'Festexando a igualdade', un xogo en familia que nos levará a descubrir as contribucións da loita feminista no desenvolvemento dunha sociedade máis xusta e igualitaria. Equipos formados por persoas adultas e mozas deberán superar xuntos un conxunto de probas cunha meta común: a igualdade.

Galego

Semana contra a violencia machista 2022: Seguridade violeta

Arrincamos a semana cun taller que busca facernos reflexionar sobre a maneira na que nos relacionamos con outras persoas, tomando conciencia sobre comportamentos, actitudes e expresións que en moitos casos esconden violencias ou posturas machistas non sempre fáciles de detectar. Dirixido a estudantes de ensino secundario, 'Seguridade violeta' pretende, a través do debate e a participación activa, contribuír á construción de vínculos sans entre as e os adolescentes, refugando condutas nocivas e prexuízos.

Galego

Obradoiro de teatro

Lugar: salón de actos

Datas: 14, 15, 16 e 17 de novembro

Horario: de 10 a 13:30

A biblioteca cede o espazo ao colectivo SocialDocs para a realización deste obradoiro de creación de teatro, que forma parte do seu proxecto De Maior Crea.

Vive a experiencia de facer teatro desde dentro

Durante o obradoiro impartirase técnica teatral e potenciaranse as habilidades propias das persoas participantes.

Obradoiro gratuíto - Prazas limitadas

Galego

Cinema con móbil: "Wabisabi"

Lugar: salón de actos

Datas: 21, 24 e 30 de novembro e 5 de decembro

Horario: de 10 a 13:30

A biblioteca cede o espazo ao colectivo Socialdocs para a realización deste obradoiro de creación audiovisual, que forma parte do seu proxecto De Maior Crea.

Para facer un filme só se precisa un móbil con cámara unha cabeza e un corazón. Cada participante dispón da súa propia ferramenta.

Obradoiro gratuíto - Prazas limitadas

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro