Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Obradoiro de debuxo

Obradoiro impartido por Yago García Rodríguez para desevolver a nosa creatividade a través do debuxo. Aprenderemos varias técnicas para superar o medo a unha folla en blanco como a de SCAMPER ou BRAINSTORMING e outras non tena coñecidas pero igual de infalibles. 

Actividade pensada para persoas de máis de 12 anos en diante. 

A inscrición previa pode facerse chamando aos números de teléfono: 988 788385 ou 988 788386.

Galego

Día de Rosalía

Ás 17.30 horas no Parque de Campolongo, terá lugar o Taller Figueiriñas que prantei, Rosalía de Castro por Correo do Vento e Antón Ke, para nenos e nenas a partir de 3 anos.

Ás 19.30 horas, haberá un Concerto-recital, música e poesía da man Laura LaMontagne & PicoAmperio, Zeltia Irevire e Luz Fandiño, na praza de San Xosé. 

Galego

HISTORIAS SEN PALABRAS

Obradoiro no que se darán pautas para coñecer o traballo da narración ilustrada de ficción, os participantes irán seguindo ideas e “trucos” da profesión de ilustradora para a creación de personaxes e secuencias dunha historia en imaxes.

Para nenos e nenas de 6 a 12 anos. (15 prazas)

Duración: 60 minutos

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil da biblioteca ou no teléfono 982828329

Galego

O vaivén das historias

O Concello de Nigrán continúa este martes e xoves con actividades de Nadal de 'O vaivén das historias'. Concretamente, o martes 20 e xoves 22 de 10:30 a 13:00 ofrecerá no Centro Social de Maiores de Vilameán un faladoiro-obradoiro para adultos no que estes deberán achegar un obxecto de moito valor sentimental para contar a historia que vai ligada a ese obxecto e xuntos reflexionar sobre o apego.

Galego

Luces e sombras

Mediante exercicios e exemplos gráficos coñeceremos como se aplica a sombra a obxectos e personaxes. Estudar que pode agregar a sombra: volume, peso, posición, misterio, terror…

Como exercicio final faremos unha composición onde a sombra xere unha atmosfera e unha narrativa determinada.

Idade: de 6 a 12 anos.

Duración: 60 minutos.

Galego

Lecturas diversas

O obradoiro "Lecturas diversas" está orientado a persoas adultas que formen parte dunha familia na que haxa unha persoa con diversidade funcional (nomeadamente, nenos e nenas) e para aquelas persoas interesadas en achegarse a un espazo de aprendizaxe no que libros, lecturas e diversidade van da man. Neste sentido, o taller ofrecerá diferentes recursos para abordar a riqueza da diversidade dende a literatura.

Son os libros inclusivos? Poden selo? De literatura e diversidade na infancia falaranos na Biblioteca Ágora a periodista e mediadora en lectura Sonia Hermida Galán.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro