Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Obradoiro Ángeles Alvariño

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario que atoparedes na nosa web.

Lugar: salón de actos

Imparte Fátima Rodríguez

Ángeles Alvariño, descubridora de especies de organismos e microorganismos acuáticos. Falaremos das súas expedicións e das súas achegas no ámbito da oceanografía, abordando o mundo microscópico dos protozoos e as bacterias. Faremos:

1. Imprimación dos peixes segundo a técnica Gyotaku.

2. Experimento de descomposición das cunchas dos moluscos.

Galego

Cociñando ciencia

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario que atoparedes na nosa web.

Lugar: salón de actos

Con Ciencia Kids

Desde que o físico Nicholas Kurti e o profesor de química Hervé This acuñaron o termo "Gastronomía Molecular" en 1988 fomos testemuñas dunha verdadeira revolución na cociña. Ser cociñeiro é unha das profesións que están de moda.

Galego

Obradoiro de escritura creativa

Lugar: salón de actos

Datas: venres 5, 12, 19, 26 de novembro

Horario: 11:00 a 12:30

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario que atoparedes na nosa web.

Obradoiro, no que se experimenta coas palabras, escríbese, lese en voz alta o escrito e finalízase dando cada un a súa opinión.

Galego

Quen foi Isabel Zendal?

Este obradoiro quere dar a coñecer o traballo de Isabel Zendal como coidadora e enfermeira dos 22 nenos expósitos que, a bordo da corbeta “María Pita” e no marco da Real Expedición Filantrópica da Vacina dirixida por Balmis, zarparon dende A Coruña para cruzar o Atlántico e levar a vacina in vivo da varíola. Realizaremos varios experimentos científicos nos que se abordarán conceptos de microbioloxía e inmunoloxía dende un enfoque cómico e teatral.

Galego

Coñecendo a historia da oceanógrafa Ánxeles Alvariño

Este obradoiro quere dar a coñecer as expedicións que realizou a científica galega Ánxeles Alvariño González e os seus descubrimentos de novas especies mariñas. Comezaremos explicando a súa biografía para, a continuación, realizar varios experimentos científicos nos que se abordarán conceptos de microbioloxía e inmunoloxía dende un enfoque cómico e teatral.

Galego

Cociñando ciencia

Desde que o Físico Nicholas Kurti e o profesor de química Hervé This acuñaron o termo “Gastronomía Molecular” en 1988 fomos testemuñas dunha verdadeira revolución na cociña. Ser cociñeiro é unha das profesións que está de moda.

O mundo culinario ofrece unha excelente plataforma para achegar fenómenos complexos da física e a química ao público e permítelles comprendelos a través de sistemas moi próximos.

Galego

Obradoiro infantil de Astronomía

Obradoiro infantil de Astronomía realizado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela e dirixido a nenas e nenos de 7 a 12 anos.

A Óptica Val agasallará cun planisferio celeste a cada asistente.

A actividade desenvolverase no salón de actos de 18.30 a 19.30h.

As persoas interesadas poderán recoller a invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 18h. O número máximo de participantes é de 15.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro