Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Obradoiro de Robótica creativa

As nenas e nenos participantes desenvolverán a súa creatividade e construirán e programarán un robot co material de lego education. Actividade que busca fomentar a aprendizaxe mediante o xogo mentres constrúen os seus modelos con pezas, motores e sensores.

No salón de actos. Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos. Cada un deles pode vir acompañado dunha persoa adulta. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Sensacións Debuxadas

Co gallo de profundar na nosa capacidade creativa, a Biblioteca de Galicia convídanos a un obradoiro co que descubrir e experimentar a ilustración da man do gran Manel Cráneo. 

Lapis de cores, rotuladores, papeis e mesmo instrumentos musicais serán as ferramentas das que nos valeremos para nos embarcar nesta experiencia que activará todos os nosos sensos e que nos permitirá entender de que maneira inflúen na nosa capacidade creativa. 

Pensado para a rapazada de entre 5 e 11 anos de idade, o obradoiro é de balde previa inscrición na web. 

Galego

Obradoiro de radio, Twitch, Youtube e outras plataformas de streaming

Aprende a facer radio de forma divertida. Busca información, apréndea e transmítea a través dun programa onde ti serás protagonista! Neste obradoiro traballamos os elementos básicos como o son, montar unha radio streaming por internet e emitir en vías como Twitch, Facebook, Youtube... Coñece todos os recursos necesarios para montar na túa casa a túa propia radio utilizando as novas tecnoloxías.

A actividade durará ata as 20.30h.

Galego

4 patas de apoio

A OMIX xunto coa Concellería de Educación do Concello do Porriño, levarán a cabo os días 14, 21, 28 de outubro e 4 de novembro de 2021, unha actividade de educación asistida con cans de terapia para alumnado NEAE, persoas usuarias do Centro de Día e do Centro Educativo ACEESCA.

Ditos obradoiros serán impartidos pola empresa Yaracan, a cal é unha organización dedicada ás intervencións asistidas con animais, que traslada os beneficios que achegan os cans aos seres humanos co obxectivo de motivar e estimular a evolución das persoas.

Galego

Tecendo soños

Se queredes aprender arrolos de tradición oral e xogar coas vosas crianzas mentres realizamos estimulación sensorial con elas, este é o voso lugar.

Na sala infantil. Actividade dirixida a nenas e nenos de 0 a 3 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade. Máximo 14 bebés acompañados dunha persoa adulta.

Galego

VI Scratch Day

O programa ScratchDay dirixido a escolares galegos que organiza o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia (CPETIG) e que conta co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) da Xunta de Galicia regresa coa súa sexta edición.

Esta actuación tamén forma parte do Plan de Talento Dixital de Galicia, Plan DigiTalent, impulsado pola Amtega para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre o alumnado máis novo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro