Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Informática desde cero

Aprende a manexar o teclado e o rato, organizar texto e imaxes en carpetas, personalizar o escritorio, coñecer os tipos de arquivos existentes e os programas vinculados, resolver pequenos problemas informáticos, a utilidade dos accesorios e a xestión de periféricos do computador.

Galego

Obradoiro de Samaín: A noite de Beltane

A noite de Beltane, obradoiro de Samaín para crianzas de 6 a 10 anos, o próximo xoves 27 de outubro ás 18 h. na Biblioteca Fórum Metropolitano.

Ven pasar connosco una divertida tarde de Samaín. Falaremos de fragas inimaxinables, personaxes lendarios, monstros descoñecidos, lugares irrepetibles.... e, por se isto fose pouco, rescataremos do esquecemento os xogos tradicionais que nos farán estar máis preto da nosa terra e a nosa cultura.

Galego

Un, dous e tres ... do dereito e do revés!

Neste obradoiro de Sarabela teatro todo pode suceder ... Vide a celebrar o Samaín á Biblioteca!!  Rastrexaremos a Sala na procura de contos inspiradores para maquillarnos e vestirnos nestes días de festa.

Actividade para rapaces de máis de 6 anos. 

É necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres 21 de outubro chamando aos números de teléfono: 988 788385 / 386.

 

Galego

Ven facer o teu Pop-Up

Este sábado adiantámonos e celebramos dende xa o Día das Bibliotecas con este obradoiro de Sarabela no que os nenos e nenas participantes crearán o seu propio libro Pop-Up! Animádesvos a vir?

Obradoiro pensado para rapaces de máis de 6 anos.

É necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres 14 de outubro chamando aos números de teléfono: 988 788385 /386

Galego

Relatar na igualdade

Neste obradoiro abordamos a escrita desde a análise e a práctica dos elementos compositivos. Indagaremos nos estímulos e as tendencias persoais e centraremos a temática na igualdade de xénero, tentando transmitir as sensacións e emocións de cada participante. Impartido por Ana Carreira

  • Público adulto
  • Horario: 17:30 a 20:00 h.
  • Con inscrición previa, a partir do 18 de outubro
Galego

Obradoiro de deseño de bolsas e mochilas de tea

Partimos dun deseño xa feito co título “Día das escritoras 2022” que a rapazada poderá colorear e completar con diferentes debuxos e co nome de diferentes escritoras das que falaremos no obradoiro, así coma os títulos das súas obras.

No salón de actos. Actividade dirixida a 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos. É preciso recoller unha invitación no mostrador de información desde 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Obradoiro xoguetes de papel

O obxectivo do obradoiro de xoguetes de cartón e papel, é ensinar ós rapaces de maneira lúdica e creativa as partes estructurais dun teatro clásico, cinemakis o un kamishibai e inculcarlles a paixón de inventar e contar historias a través da ilustración e a imaxinativa persoal de cada un. Os nenos crean historias a partir de lecturas que teñan feito ou ben inventan narrativas novas.

-Data e hora: venres 30 de setembro ás 18:00 h.

-Público infantil a partir de 6 anos

-Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 21

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro