Durante as mañás dende ás 11:30h ata as 13:30h. O equipo de docentes do noso proxecto Circonove introducirá aos rapaces e rapazas nas diferentes técnicas circenses (Acrobacias, Malabares, Equilibrios, Danza, Clown, Teatro, Ritmo e Creación de xogetes malabares) no parque da Almáciga e no caso de choiva no centro Xove da Almáciga.
Todas elas adaptadas o nivel e momento de cada participante e sempre a través de xogos que fomenten o traballo en equipo e o respecto entre eles e elas. Está ben que sempre traian unha botelliña de auga e, no caso, algo de almorzo na súa bolsiña.