Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Desenvolvemento da creatividade a través do debuxo

Cantas veces puxémonos fronte á folla en branco e desesperámonos ao ver que non flúen as ideas? Neste obradoiro aprenderemos varias técnicas antibloqueo para desatar a nosa creatividade e poder crear conceptos que nunca imaxinaramos. Ademais de aprender a traballar coas técnicas máis famosas ( SCAMPER ou Brainstorming), veremos outras moitas non tan coñecidas pero igual de infalibles. Despois destas duas sesións, converterémonos en máquinas incombustible de crear ideas.

-Público a partir de 12 anos

-Data e hora: mércores 2 de novembro de 17:30 a 19:00 h

Galego

Obradoiro de programación e creación de Vintage games

Dentro do Programa BiblioTECH, da Biblioteca Durán Loriga, poderás aprender a programar xogos sinxelos e divertidos con este taller no que nos iniciaremos na programación; dende o concepto inicial ata obter un xogo final e aprendendo diferentes disciplinas: programación, deseño gráfico, animación, son e música.

Con este obradoiro complétase a programación anual biblioTECH, coa que remataremos participando no chamado International Games Week e que este ano 2022 xa pasou a ser o International Games Month (IGM) porque se celebrará durante todo o mes de novembro!

Galego

Atrapaverbas

Gústache a ciencia? E a literatura? Non sabes que bando escoller? Temos a solución!!

Convidámosvos a un obradoiro para mentes curiosas que, con diferentes lecturas e dinámicas, achegarémonos á historia de Calpurnia Tate e aos naturalistas.

Descubriremos como a literatura e a ciencia van da man sen necesidade de escoller un bando. Ven á biblioteca do Forum a divertirte e compartir unha tarde chea de experiencias!

Galego

Coidándonos xuntos

Este obradoiro está enfocado á prevención de riscos para a saúde. Pero no canto de falar das cousas malas, aprenderemos con experimentos como funciona o noso corpo na dixestión, durante o descanso e durante a actividade física. Con respecto a esta última darase especial atención á importancia do adestramento de forza tamén en mulleres, xa que historicamente foron apartadas destas prácticas tan saudables.

Ademais, nas partes máis teóricas darase visibilidade ás investigadoras e comunicadoras que hai detrás destas investigacións.

Galego

A ciencia de Harry Potter

O mércores 26 de outubro ás 18.30 h. na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o obradoiro "A ciencia de Harry Potter" para rapazada de 9 a 14 anos no que nos aproximamos ás novelas da famosa saga cun enfoque científico.

Percorreremos situacións, espazos, personaxes... analizando se o que lemos nas obras ten base científica...ou se é maxia. Experimentaremos con xeradores que porán os pelos de punta, crearemos feitizos e descubriremos misteriosamente moitas outras sorprendentes experiencias.

Galego

O lar das palabras

O obradoiro comeza co conto “O lar das palabras” e a partir de aí as verbas correrán entre o público, sensibilizando as familias sobre a necesidade de conservar e manter vivo o galego, empregándoo no fogar e facendo da lingua un momento de encontro, de afecto, de lecer e de diversión. Cada familia participante realizará o seu propio dicionario de galego co fin de reforzar o vínculo afectivo da familia co idioma.

Galego

Divertímonos coa ciencia

Neste obradoiro os nenos e nenas se achegarán á aprendizaxe de diversos procesos físicos e químicos, así como a diferenciación dos mesmos, mediante a realización de experimentos prácticos empregando elementos cotiás, de forma que capten os coñecementos facilmente e se divirtan

-Público infantil, de 6 a 12 anos

-Duración da actividade: 18:00 h-19:30 h.

-Inscrición previa a partir do 2 de novembro

 

Galego

Robótica creativa

Obradoiro tecnolóxico dirixido a nenos e nenas, onde aprenderán de forma lúdica conceptos básicos de programación, robótica e electrónica. Empregaremos robots de "LEGO Mindstorms", esferas intelixentes "Sphero Mini", drons e outros dispositivos electrónicos. Os participantes aprenderán e se divertirán cos diferentes retos.

-Público infantil de 8 a 14 anos

-2 sesións:  17:00 a 18.30 h

                   18.45 a 20:15 h

-Inscrición previa a partir do 26 de outubro

 

 

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro