Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

PequeArte

Este martes temos un obradiro para artistas miúdos!

Se vos gusta debuxar vinde a prender sobre as cores e as formas de usalas.

Actividade para nenas e nenos de 4 a 6 anos.

Para asisitir é preciso facer a inscrición previa dende o venres anterior chamando aos números de teléfono: 988 788385/ 386

Galego

Obradoiro de creación de rosas de papel con libros expurgados

Algunha vez pensaches en dar unha segunda vida aos libros que xa non se utilizan na biblioteca? Temos unha idea incrible para ti! Convidámosche o noso "Obradoiro de creación de rosas de papel con libros expurgados", onde transformaremos os libros que xa non forman parte da colección en belas creacións florais organizado por The book killer.

Galego

Creación de libros pregables

Que mellor forma de festexar o Día Internacional do Libro que cun obradoiro de creación de deseño de libros que se podan encartar.

Os libros están sempre cheos de sorpresas e grandes aventuras, ao igual que o estarán as nosas creacións pregables

 

-Público infantil, de 6 a 12 anos

-Horario: 18:00-19:30

-Inscrición previa na web da biblioteca a partir do día 12 de abril ás 9:00 h.

Galego

Falar na escena

É necesario inscribirse: FORMULARIO DE INSCRICIÓN

15 prazas

Lugar: salón de actos

Ana Carreira

Neste obradoiro de teatro xogaremos con diversas propostas prácticas, derivadas da aprendizaxe da interpretación e da narración oral, para enfrontarnos a un discurso con calquera tipo de público.

Duración: 3 horas

Galego

8 Mulleres

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, a Cidade da Cultura organiza o taller familiar 8 MULLERES, que pretende achegar de forma divertida ao público infantil a obra de oito creadoras galegas de relevancia ao longo dos séculos XX e XXI como son: Maruja Mallo, Pamen Pereira, Soledad Penalta, Almudena Fernández, Berta Cáccamo, Lolita Díaz Baliño, María Xosé Díaz e Menchu Lamas.

Galego

Sábados "Okupados"

Vén interpretar os teus contos favoritos expresándote co teu corpo, a túa voz ...

Obradoiro para celebrar o Día do Teatro que se conmemora o 27 de marzo para nenas e nenos de 7 a 12 anos. 

Para asistir é necesaria a inscrición previa dende o venres 10 nos teléfonos 988 78385 / 386.

Galego

Sábados "Okupados"

Despedimos o mes do libro repasando cal é o noso monstro favorito, o monstro máis monstruoso.

Actividade para nenas e nenos de 7 a 12 anos. 

Para asistir é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres 21  chamando aos números de teléfono: 988 788385 ou 988 788386.

 

Galego

Contos clásicos pola igualdade

Obradoiro impartido por Yago García, a través dalgúns contos clásicos, detectaremos os contidos machistas e as súas características e proporemos unha historia alternativa inclusiva e libre de estereotipos. 

Actividades para maiores de 12 anos e adultos. 

Para asistir é necesaria a inscrición previa dende o venres 10 nos teléfonos 988 78385 / 386

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro