Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Xogando a ser Picasso

O mércores 24 de maio ás 18.30 h. temos na Biblioteca Fórum o obradoiro "Xogando a ser Picasso" impartido por Tonecho Otero. Achegamento da figura do pintor aos nenos entre 6 e 12 anos mediante a práctica, facendo esculturas en papel, que é unha das facetas menos coñecidas do autor

Galego

A sabiduría dos baobás

Se ninguén as corta, as árbores poden acompañarnos ata que sexamos moi moi maiores...

Obradoiro para nenas e nenos de 7 a 12 anos. 

Para sisitir é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres 19 a partir das 9.00 h chamando aos : 988 788385 /386.

 

Galego

Celebrando as nosas Letras!

Seguimos celebrando o Días das letras Galegas con este obradoiro impartido por Sabela Gago no que repasaremos cós nenos e nenas as obras sobranceiras das nosas letras.

Actividade pensada para nenas e nenos de 7 a 12 anos. 

Para asistir é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres 12 a partir das 9.00 h chamando aos números de teléfono: 988 788385 / 386.

Galego

Letras Galegas no Gaiás 2023: Francisco Fernández del Riego

A Cidade da Cultura súmase un ano máis á celebración do Día dás Letras Galegas, que neste 2023 homenaxea a Francisco Fernández del Riego, e faio con varias propostas destinadas á participación de todo tipo de público. Baixo a premisa de achegarnos á figura do autor, o programa inclúe diferentes iniciativas que terán lugar en distintos espazos do Gaiás, algunha delas xa un clásico, como é a lectura participativa de textos do escritor. Se completementa cun taller e unha peza teatral infantil.

Galego

Robótica creativa

Obradoiro tecnolóxico dirixido a nenos e nenas, onde aprenderán de forma lúdica conceptos básicos de programación, robótica e electrónica. Empregaremos robots de "LEGO Mindstorms", esferas intelixentes "Sphero Mini", drons e outros dispositivos electrónicos. Os participantes aprenderán e se divertirán cos diferentes retos.

-Venres 26 de maio de 18:00 a 19:30 h.

-Público infantil, de 8 a 14 anos

-Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 16 de maio, ás 9:00 h.

Galego

Obradoiro creativo de pintura

Este obradoiro lévanos a experimentar con acuarela, papel, follas de plantas, sal, auga, obxectos con texturas e materiais diversos. Conseguiremos divertirnos e gozar con creacións propias e moi persoais.

Público destinatario: infantil, de 6 a 10 anos.

Lugar: Espazo de actividades da entrada da biblioteca.

Hora: 18:00-19:30

Con inscrición previa a partir das 9 da mañá do 26 de abril a través do formulario da páxina web da biblioteca.

Galego

Escola de escribas

Actividade na que a rapazada, con motivo do Día do Libro, terá a oportunidade de aprender sobre os inicios da escritura no mundo e da importancia desta ferramenta na comunicación e rexistro de información. Coñecerán distintos soportes e utensilios empregados ao longo da historia e experimentarán con algúns deles construíndo as súas propias táboas de cera, un dos sistemas de escritura da antiga Roma.

Venres 21 de abril de 17:30 a 18:30

Público infantil de 6 a 11 anos

Actividade gratuíta

Galego

Obradoiros xuvenís

Obradoiros xuvenís. Picasso branco no recordo azul.

Obradoiro de cómic usando como base as obras da exposición

Os obradoiros Terán lugar os sábados:

15, 22 e 29 de abril

6, 13, e 27 de maio

3, 10 e 17 de xuño

Horario: 12:00 a 13:30 h

Organiza: Museo de Belas Artes

Monitor: Arkhé Espacio Educativo

Destinatarios: Rapaces e rapazas de 10 a 14 anos

Prazas: 10

Prezo: Gratuíto

Lugar: Museo de Belas Artes da Coruña

Inscrición:

Galego

Obradoiros en familia

Trátase de que os participantes desenvolvan as súas propias creacións utilizando como contextualización distintas obras da exposición temporal Picasso branco no recordo azul, de tal forma que sirvan de base e inspiración.

Os obradoiros realizaranse os Sábados:

15, 22 e 29 de abril

6, 13, e 27 de maio

3, 10 e 17 de xuño.

 

Horario: 17:00 a 18:30 h

Organiza: Museo de Belas Artes

Monitor: Arkhé Espacio Educativo

Público: Nenos e nenas de 4 a 10 anos, acompañados dun adulto

Prazas: 12

Prezo: Gratuíto

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro