Día do Medio Ambente no Gaiás 2023: Xogo de busca
No Xardín Literario temos escondidos animais, plantas, verduras, froitas... Serás quen de atopalos? Parece fácil, pero seguro que ides estar ben entretidos e entretidas con esta busca...

No Xardín Literario temos escondidos animais, plantas, verduras, froitas... Serás quen de atopalos? Parece fácil, pero seguro que ides estar ben entretidos e entretidas con esta busca...
Que ingredientes necesitamos para preparar un prato de comida? Se ir á tenda non vos parece algo divertido xa veredes que desta vez conseguir os produtos vai ser unha gran experiencia chea de probas. Analizaremos os envases teniendo en cuenta a sustentabilidade.
A través do caderno de Bueu e a serie "La religión del trabajo“ da artista galega Maruja Mallo, obteranse os coñecementos básicos con perspectiva de xénero sobre a obra e a figura de Maruja Mallo e sobre a vida mariñeira que recolleu no caderno de apuntes do ano 1936; as redes, os oficios e as cuestións sociais que se xeran ao redor do traballo no mar.
Para nenas e nenos de 6 a 12 anos.
Con inscrición previa e gratuíta, en museo.masso@xunta.gal ou no teléfono 886 151 101
A acción humana sobre a natureza está favorecendo a desaparición de polinizadores como as abellas e abellóns. Imos evocar estes imprescindibles insectos construíndo uns aparellos, as zoadeiras ou bramadeiras, que recrean o seu zoar, e aprenderemos detalles sorprendentes sobre a utilización deste instrumento. Como curiosidade, dicir que se atoparon restos arqueolóxicos deste instrumento con miles de anos de antigüidade.
Esta actividade divídese en dúas partes: primeiro faise unha ruta en grupo -nas inmediacións da Catedral- no que iremos á procura de plantas silvestres que son comestibles ou mesmo medicinais, empregadas polos nosos antepasados dende tempos pretéritos. Nunha segunda parte, xa no Museo, os participantes asistirán a un obradoiro demostrativo de elaboración dun ungüento medicinal para tratar as bochas, especialmente para camiñantes e peregrinos. E de remate, aquelas persoas que queiran, poderán probar un pan elaborado con landras do país.
Un xeito de levar enriba un anaco de natureza. Cada participante elabora composicións vexetais únicas que estampará nunha bolsa de tea ou tamén nun pano de man, que poderá levar consigo. Durante aproximadamente dúas horas, ofreceráselle un obradoiro aberto ás persoas que desexen pasar un anaco divertido e creativo en contacto con elementos naturais.
Beatriz Rocha (deseñadora de The Figbees)
11:30 h a 13:30 h / Soportais do Museo
Todos os públicos (os menores deberán estar acompañados)
Máis información en museoperegrinacions.xunta.gal/gl/actividades
OBRADOIROS DE ARQUEOLOXÍA EXPERIMENTAL
Realizados por AAEX (Área de Arqueoloxía Experimental).
Colaboración co CIMM (Centro de Información Municipal ás Mulleres). Concello de Ourense.
Colaboración co Espazo +60 Afundación – Ourense
Colaboración co Museo Municipal
Día 18: 11:30h e 18:00h
Día 19: 11:30h e 18:00h
Claustro de San Francisco
Prazas limitadas. É necesario anotarse.
Inscrición e máis información: 988 788 439 / mapour@xunta.es
OBRADOIROS DIDÁCTICOS PARA NENOS/AS
10:00h
Xardín do Posío
Realizados por Xeitura: xestión integral do Patrimonio
Inscrición e máis información: 988 788 439 / mapour@xunta.es
OBRADOIROS DIDÁCTICOS PARA NENOS/AS
“Natureza, historia e benestar: os nosos parques”
10:00h
Parque de San Lázaro
Realizados por Xeitura: xestión integral do Patrimonio
Inscrición e máis información: 988 788 439 / mapour@xunta.es
Para conmemorar o Día Internacional dos Museos, este 18 de maio propoñémos un reto no Castro.
Durante toda a mañá desenvolverase na contorna do castro unha actividade de orientación coa búsqueda de puntos claves e preguntas de observación.
A actividade axudará a comprender mellor a nosa historia e o espazo natural do Castro de Viladonga.
Para participar chamar ao teléfono: 982 870 161