Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Letras Galegas no Gaiás 2023: Francisco Fernández del Riego

A Cidade da Cultura súmase un ano máis á celebración do Día dás Letras Galegas, que neste 2023 homenaxea a Francisco Fernández del Riego, e faio con varias propostas destinadas á participación de todo tipo de público. Baixo a premisa de achegarnos á figura do autor, o programa inclúe diferentes iniciativas que terán lugar en distintos espazos do Gaiás, algunha delas xa un clásico, como é a lectura participativa de textos do escritor. Se completementa cun taller e unha peza teatral infantil.

Galego

Robótica creativa

Obradoiro tecnolóxico dirixido a nenos e nenas, onde aprenderán de forma lúdica conceptos básicos de programación, robótica e electrónica. Empregaremos robots de "LEGO Mindstorms", esferas intelixentes "Sphero Mini", drons e outros dispositivos electrónicos. Os participantes aprenderán e se divertirán cos diferentes retos.

-Venres 26 de maio de 18:00 a 19:30 h.

-Público infantil, de 8 a 14 anos

-Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 16 de maio, ás 9:00 h.

Galego

Obradoiro creativo de pintura

Este obradoiro lévanos a experimentar con acuarela, papel, follas de plantas, sal, auga, obxectos con texturas e materiais diversos. Conseguiremos divertirnos e gozar con creacións propias e moi persoais.

Público destinatario: infantil, de 6 a 10 anos.

Lugar: Espazo de actividades da entrada da biblioteca.

Hora: 18:00-19:30

Con inscrición previa a partir das 9 da mañá do 26 de abril a través do formulario da páxina web da biblioteca.

Galego

Escola de escribas

Actividade na que a rapazada, con motivo do Día do Libro, terá a oportunidade de aprender sobre os inicios da escritura no mundo e da importancia desta ferramenta na comunicación e rexistro de información. Coñecerán distintos soportes e utensilios empregados ao longo da historia e experimentarán con algúns deles construíndo as súas propias táboas de cera, un dos sistemas de escritura da antiga Roma.

Venres 21 de abril de 17:30 a 18:30

Público infantil de 6 a 11 anos

Actividade gratuíta

Galego

Obradoiros xuvenís

Obradoiros xuvenís. Picasso branco no recordo azul.

Obradoiro de cómic usando como base as obras da exposición

Os obradoiros Terán lugar os sábados:

15, 22 e 29 de abril

6, 13, e 27 de maio

3, 10 e 17 de xuño

Horario: 12:00 a 13:30 h

Organiza: Museo de Belas Artes

Monitor: Arkhé Espacio Educativo

Destinatarios: Rapaces e rapazas de 10 a 14 anos

Prazas: 10

Prezo: Gratuíto

Lugar: Museo de Belas Artes da Coruña

Inscrición:

Galego

Obradoiros en familia

Trátase de que os participantes desenvolvan as súas propias creacións utilizando como contextualización distintas obras da exposición temporal Picasso branco no recordo azul, de tal forma que sirvan de base e inspiración.

Os obradoiros realizaranse os Sábados:

15, 22 e 29 de abril

6, 13, e 27 de maio

3, 10 e 17 de xuño.

 

Horario: 17:00 a 18:30 h

Organiza: Museo de Belas Artes

Monitor: Arkhé Espacio Educativo

Público: Nenos e nenas de 4 a 10 anos, acompañados dun adulto

Prazas: 12

Prezo: Gratuíto

Galego

Obradoiro de pintura

A pintora viguesa (que ten exposta na Biblioteca parte da súa obra) fará un obradoiro lúdico e práctico para chegar aos máis pequenos á pintura.

Taller pensado para nenas e nenos de 7 a 12 anos. 

As inscricións faranse por teléfono dende o venres 14 chamando aos números 988 788385 / 386.

Galego

Ilustra o teu libro favorito

Este sábado contamos cun obradoiro de debuxo e liustración impartido por Yago García. Co gallo da celebración do Día do Libro (23 de abril) ilustrremos o noso libro favorito, apoiándonos nas imaxes creadas na nosa mente da histoira, personaxes, etc. Traballaremos as técnicas necesarias para extraer a información do libro e tranformar en debuxos as pasaxes máis importantes da historia. 

Actividade para maiores de 12 anos e adultos.

Para asisitir só é necesario inscribirise dende o venres 14 chamando aos números de teléfono : 988 788385 /386

Galego

Ciclo VANGAL. Música galega de vangarda

Faia e MounQup darán unha charla cada unha baixo o título "Ta mère la saltimbanque" na que falarán sobre os procesos creativos e os coidados vinculados á nai e á música. Serán ás 20.00 horas no recibidor da Fundación, os días 14 e 15 respectivamente.

Tamén haberá unha exposición da man de Teresa Ferreiro, na que a artista mostra as súas ilustracións. Estarán no patio da Fundación Luís Seoane.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro