17º Ribeira Sacra
As fins de semana do 27 ao 29 de xullo e do 3 ao 5 de agosto, o 17º Ribeira Sacra propón un festival diferente, no que se mesturan música, viño, gastronomía e patrimonio. Eses son os catro eixos da programación, que propón unha experiencia ao redor da música en directo, do viño, nunha zona de excelencia vitivinícola, e do patrimonio natural e cultural da Ribeira Sacra. Centrado no municipio de Sober, con extensión nocturna na vila de Monforte.

