Festival Folk de Guísamo
Volve o Festival Folk de Guísamo, que nesta XVIII edición vai encher de música o campo da feira coas actuacións de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Kepa Junkera & Sorginak e A Roda. Ademais, celebrarase unha homenaxe aos Mariñáns de Guísamo.
Antes dos concertos, realizaranse diversos obradoiros e xogos populares.

