Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Romaría cativa

As Festas do Apóstolo volven contar coa súa exitosa Romaría cativa onde xogos, contacontos e música encherán toda unha xornada para pasala en familia.

Desta vez, múdase de localización e celebrarase á beira do Sar para aproveitar as sombras das marabillosas árbores do Parque Eugenio Granell.

Música de Mamá Cabra, Os Golfiños e Mani Faltri e Jorge Juncal xunto contacontos de Anxo Moure, Simón Pinhon e Percubebés, ademais de xogos tradicionais para gozar do día ata a noite desta programación de Artellando.

Galego

WOS Festival

WOS Festival é un evento que busca poñer en relevo a cultura alternativa e vangardista. O festival xa vai pola súa cuarta edición e detras da súa organización atópase a produtora Work on sunday, ademais de entidades como o AGADIC, a Fundación SGAE ou o CGAC.

As actuacións do festival desenvolveranse en diferentes espazos da cidade compostelá, como son o Mercado de Abastos, o Numax ou a Igrexa da Universidade. WOS contará coas actuacións de grupos e artistas da escena alternativa de todo ou mundo, como son Bflecha, Ghost and Tape, Greg Fox ou Oren Ambarchi.

Galego

Festival de la Luz

A oitava dición do Festival da Luz contará cun amplo programa de actividades para todas as idades.

Celtas Cortos, Cepda, Mikel Erentxun, Delaporte, Basanta, Habitación Vudú, Amparanoia, Orquesta Mondragón, Ángel Stanich e Silvia Penide son algúns dos grupos e artistas que que pasarán polo escenario do festival.

Galego

Festival O Marisquiño

Este ano chega o Festival O Marisquiño desde o día 10 de agosto, cunha duración de tres días. A entrada será de balde para todas as actuacións, que serán desde as 21:30 ata as 2:00.

Na praza da Estrela participarán os artista urbanos para mostrar as súas habilidades nas batallas de gallos ou no break dance.

Galego

Festival Loro Facu

O festival independente chega á súa segunda edición os días 28, 29 e 30 de xullo.

O certame toma o nome do Papagaio Facu, un papagaio moi popular na localidade, falecido hai 2 anos.

 A programación combinará concertos con outras propostas: 

Siniestro Total
White Bats
Igloo
Ricky Hombre Libre
Terbutalina

Ataque Escampe
Familia Caamagno
The Parrots
Guerrera

ToteKing
Superoito
The Artificieros
The Attack Of The Brain Eaters
Thee Blind Crows

 

 

Galego

Vive Nigrán

A segunda edición do festival Vive Nigrán realizarase nunha contorna espectacular: os arredores de Praia América e o Monte Lourido, poñendo en valor os espazos naturais do Concello de Nigrán.

Neste precioso lugar desenvolverase este picnic pop festival que pretende unir gastronomía, charlas, mercadillos, obradoiros e sesións DJ con actuacións musicais de grupos do panorama indie español e internacional.

Galego

XI Nigránjazz

A onceava edición do festival Nigránjazz arrinca este ano cunha masterclass impartida por Rossy & Kanan Quartet. Durante esta fin de semana pasarán polo festival Virxilio da Silva e Abe Rábade, dous expoñentes do panoráma jazzístico de Galicia. 

 Ao longo do festival, os concertos e as jam sessions desenvolveranse en diferentes espazos de Nigrán, como son o Auditorio do Concello, o Paseo da Foz ou o Auditorio da Foz Miñor.

Galego

Terra da Fraternidade

Festival que forma parte da programación das Festas do Apóstolo que converte a Praza da Quintana, na capital galega, nunha especie de terra prometida para a diversidade cultural e musical do planeta en conexión coa cidade e co talento local. En cada unha das cinco xornadas combínanse artistas de culturas de tres continentes con cadansúa contraparte galega. Trátase así dun dobre concerto que inclúe a interpretación dalgún tema no que ambas as dúas músicas se fusionan. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival