Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Festival Internacional de Folclore de Narón

O Festival Internacional de Folclore de Narón forma parte da ampla actividade que o Padroado da Cultura do Concello de Narón realiza no eido da cultura tradicional, potenciando a valorización das manifestacións que conforman a nosa identidade cultural.

Este Festival pretende dar a coñecer á veciñanza de Narón as diferentes manifestacións folclóricas do mundo.

Na 27 edición do Festival Internacional de Folclore contarase coa participación de:

Galego

Corpo(a)Terra 2017

Ourense conta cunha nova oferta cultural que a través da danza e as artes do corpo promove o encontro do cidadán e turista co espacio urbano.

Ao longo de tres días, e cunha programación que se inicia ás 20:30 da tarde, a espectadora e o espectador percorre a cidade da man deste festival, no que as prazas e recunchos mais emblemáticos, preséntansenos diferentes tras a súa ocupación por parte d@s artistas.

Galego

Encontro Galego de Saxofón 2017

O Encontro Galego de Saxofón celebra a súa décimo terceira edición co apoio da Consellería de Cultura e Educación. O departamento de Cultura dálle continuidade á súa colaboración con esta iniciativa que contribúe ao enriquecemento musical do contexto sociocultural de Galicia a través dunha proposta innovadora e de máxima calidade.

Galego

PelucaFEST 2ª edición

PelucaFEST é un festival de rock que celebra a súa segunda edición con motivo do 6º aniversario da barbería Sara García - PELUQ art.

O festival contará cos concertos dos grupos: Kings Of The Beach, Coitelo de Lume e Diola.

Kings Of The Beach traen as súas cancións que convidan a o pasar ben, cargadas de adrenalina, potentes riffs de guitarra, pegadizos refráns e estupendos xogos vocais.

Galego

Festival do Estío

Teatro dos Ghazafelhos, Mamá Cabra, Fantoches Baj, Títeres Trompicallo ou Xarope Tulú son algunhas das propostas que se ofrecen estes días por diferentes lugares e espazos de Vilagarcía para celebrar en familia a chegada da época estival.

Máis información, aquí.

Galego

Festival Cultura Quente 2017

A vixésima edición do festival Cultura Quente desenvolverase a fin de semana do 7 ao 9 de xullo, datas repletas de actos e eventos entre os que destaca a tradicional Mostra do Viño.

 

PROGRAMA POR DÍAS

 

Venres de xullo

  • 21:00 horas: Cultura do Viño: Apertura da Mostra
  • 23:00 horas: Concerto de L'Rollin Clarinet Band

Sábado 8 de xullo

Galego

Mostra Internacional do Teatro Cómico e Festivo de Cangas

A MITCFC leva 34 anos transformando Cangas e o seu particular patrimonio arquitectónico nunha vila-teatro que exhibe espectáculos nos máis variados espazos posibles:  desde praias, xardíns e grandes espazos ata adros, capelas ou pequenas prazas nas que acoller a milleiros de espectadores de todas as idades e procedencias xeográficas, reforzando así a aposta desta Mostra de que as vivas artes escénicas invadan a vida cotiá da vila.

Galego

DeMonteSound 2017

Festival na área recreativa da Freixeira, en Cachafeiro, unha contorna no medio da natureza con árbores e antigos muíños restaurados xunto ao río da zona.

O sábado 15 de xullo cobrarase entrada ao recinto, mentres o domingo o acceso será aberto a todo o público, nunha cita musical para todos os gustos: do rock ao indie, pop, ska, house ou dance, entre outros, e con bandas tributo a grandes artistas do panorama nacional e internacional.

Galego

Festival Internacional Peregrinos Musicais 2017

O Festival Peregrinos Musicais une a mozos e mozas solistas de todo o mundo. Este Festival, ao longo da súa historia, convida a participar nos concertos que programa a talentosos solistas clásicos de España, Países Baixos, Rusia, Armenia, Estados Unidos, Alemaña, Xeorxia, Bielorrusia, Canadá e que representan, o ano da selección, o maior nivel de excelencia profesional que á idade da súa selección representan para ese país.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival