Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

LX Música en Compostela

LX Curso Universitario Internacional 'Música en Compostela' programa unha serie de concertos e actividades extraordinarias durante o mes de agosto:

DOMINGO 6

Acto Inaugural. Entrega de Credenciais aos alumnos. Viño español.
20.00 H | CAPELA REAL DO HOSTAL DOS REIS CATÓLICOS

LUNS 7

Recital de piano a catro mans. Ángel Huidobro Vega e Juan Manuel Consuegra Naranjo
20.00 H | CAPELA REAL DO HOSTAL DOS REIS CATÓLICOS

MARTES 8

Galego

XXII As Nosas Músicas 2017

Xa van 22. Un ano máis, e coma todos o 14 de agosto hai unha cita inaudible en Couso. Este ano cóntase coas actuacións de LEILÍA, AIRIÑOS DA FREBA, TIRULEQUE e ART-MONIUM. Pero xa e sabido que non todo e música, hai moito máis.

Cara as dúas da tarde, comezará a festa coa Sesión Vermú a cargo da Charanga Ultreia, para continuar as catro e media da tarde cos Xogos Tradicionais: Eira Xandobeleira a cargo de Xandobela.

Galego

Viñetas desde o Atlántico 2017

Por vixésimo ano consecutivo, A Coruña volverá converterse na capital do cómic da man do festival Viñetas desde o Atlántico, que se celebrará entre os días 7 e 13 de agosto de 2017 e contará coa presencia de Bruno Chevrier – Nob, Cameron Stewart, Eduardo Risso, Julie Rocheleau, Kiko Da Silva, Natacha Bustos, Pablo Auladell, Ralph Meyer, Rayco Pulido, Javi Rey, Dave Mckean, e Enrique Sánchez Abulí. 

Galego

Veránearte 2017

Chega o verán a Ourense e comeza o veránEarte a programación colaborativa e autoxestionada que enche os meses de xullo e agosto de música, cinema, radio, teatro, obradoiros, baile e accións reivindicativas. 37 actividades promovidas por 18 colectivos da cidade a pé de praza, a pé de rúa e de balde. 

Programación Agosto:

Galego

Discalz@s Polo Festival

Un ano máis o festival Discalz@s continua a medrar, apostando por novas fórmulas e talentos musicais para dinamizar e apoiar a cultura na Vila de Cedeira.

Este ano participarán grupos como Señor No, The Artificieros, Rockers Go To Hell, C. PierNO, Klute, Dakidarría, Harmónica Creams, HellBuckers, Os Benignos, Böj, Dr. Garimba, Odaiko, AbrassA2 e ArdeCasas.

Galego

Feito a man 2017

Feito a Man é un festival de música ao vivo nas terrazas e prazas da zona vella de Santiago de Compostela que se desenvolve durante os meses de agosto. Feito a Man deseña e pon en escena un ciclo continuado de actuacións no que caben actividades artísticas de diverso xénero: Música- Cabaret- Instalacións- Performance- Teatro- Dj´s… Un festival de diversidade. Un fenómeno espacial onde interactúan os suxeitos dunha colectividade a través da creación.

Galego

Osa do Mar

Festival de música alternativa e sen ánimo de lucro os días 18 e 19 de agosto de 2017 en Burela (A Mariña de Lugo).

O venres estarán en Burela: Súper Cadáver, Cala Vento, León Benavente, Ángel Stanich e Banana Bahia Music.

O sábado durante a sesión bearmu poderemos ver a Escuchando Elefantes e Moonshine Wagon. Pola tarde, no escenario da Praia da Marosa, disfrutaremos de Clint Eastwood e Catete Rococó. E no recinto Osa do Mar de F.R., Locoplaya, Alien Tango, The Bots, Rufus T. Firefly,Viva Belgrado e MENEO. 

Galego

Festival Fax 2017

Festival FAX pretende ser máis ca un festival de música, e se celebrará o 5 de agosto de 2017 en Xinzo de Limia (Ourense).

Unha invitación a gozar durante un día dunha coidadísima e atractiva programación, que converterá á comarca da Limia en epicentro da escena, gracias aos concertos de SES, Eladio y los seres queridos, Coanhandeira e Habitación Vudú.

Esta programación pode variar. Cómpre comprobar datas e horarios nos espazos de programación.

Galego

Ruta do Bidueiral de Gabín

O espazo natural do Bidueiral de Montederramo está situado entre a Ribeira Sacra e o macizo central de Queixa-Manzaneda. Trátase dun conxunto boscoso dunha grande importancia ecolóxica, integrado na Rede Natura 2000. É un dos bosques de bidueiros con vexetación eurosiberiana que se atopa máis ao sur de Europa.

Galego

Cidade Imaxinaria 2017

A Cidade da Cultura convídanos a viaxar un ano máis a mundos soñados, personaxes incribles e formas imposibles nunha nova edición do festival Cidade Imaxinaria, todo un día cheo de espectáculos, xogos e obradoiros ao aire libre para toda a familia.

O 19 de agosto, o Gaiás volverá ao mundo da maxia, o teatro e o xogo nun ambiente cheo de cor, humor e música no que gozarán grandes e pequenos.

Máis información: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/cidade-imaxinaria-2017

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival