Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

III Festival Rois Arrasa!!!

As agrupacións locais OCT Chorima, Repeniqueiras de Urdilde e Pandeireteiras de Ermedelo comparten cartel con Faltriqueira e a Orquestra Os Modernos no III Festival Rois Arrasa!!! que terá lugar o 22 de setembro, a partir das 21:00 horas, no Campo da Festa de Rois.

O programa inclúe, ademáis das actuacións musicais, un obradoiro de construción de instrumentos musicais, xogos populares, inchables para os máis cativos e cativas e unha gran mexillonada.

Galego

Piano Meeting 2017

Piano Meeting é un encontro musical que ten como obxectivo levar a música ás rúas. Así, durante o sábado 23 de setembro, desde as 12 ata as 22.30h, haberá 4 pianos situados en diferentes recunchos de Ourense como As Burgas, o parque de San Lázaro, o xardín de Posío ou a Praza Maior. Alí mesturaranse pianistas profesionais e amateurs, e haberá moitas actividades: un concurso, obradoiros, un gran concerto final...

Galego

Festival do Rei Sol

O Festival do Rei Sol ten por obxectivo poñer en valor o patrimonio cultural e natural da zona de Oia, tanto o material como o inmaterial.

Teatro, charlas, narración oral, obradoiros infantís e unha ruta a pé por Viladesuso son as principais propostas culturais deste evento.

No caso dos obradoiros infantís e as rutas, as prazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse. 

Galego

Festival das Núbebes

Este espectáculo realízase en diferentes localizacións dentro da cidade para poder asistir cos máis pequenos desde calquera punto da localidade. Entre as actividades que atopamos, podemos asistir a diferentes obradoiros de danza e música, contacontos e numerosas animacións pola rúa.

O evento se realiza coa intención de que toda a familia pase un bo anaco xuntos, facendo actividades que lle gustan a todo o mundo e mostrando unha maneira de ensinarlles valores positivos aos nenos da casa.

Galego

FIOT - Festival Internacional Outono de Teatro

O cartel do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo deste ano ofrece 34 obras, 3 coproducións, 7 estreas absolutas e 7 estreas en Galicia nas modalidades de programación de sala, Ciclo OTNI, Rúas dos Contos, Microteatro e Fiotiño. Isto compleméntase con actividades paralelas como a Escola do Espectador, o Café con, o Teatro de Rúa, a exposición Zoom FIOT, ou Dálle un Bocado e diversos obradoiros de participación. A presenza internacional está representada por compañías e artistas procedentes de Reino Unido, Bélxica e Portugal.

Galego

FETEGA XXVIII Edición

Este ano o FETEGA ven máis cargadiño de propostas teatrais para o público adulto e infantil que nunca! Esta é a programación completa do 28º Festival de Teatro Galego do Carballiño:

ANFITEATRO, 19.30 h. (de balde)

MARTES 5 abre o FETEGA "WELCOME" da compañía Duelirum. Intencións e emocións ocultas expostas a mirada que pasa o redor dunha casa de 12 metros cadrados sen paredes.

MÉRCORES 6, "LILA STAR" da compañía Vueltos de Rosca, onde os equilibrios imposibles sobre obxectos se fan posibles a ritmo que nos fará non parar de bailar.

Galego

Festival do Leite

Este festival, no que acudirán diferentes grupos musicais de orixe galega, ten entrada de balde, aínda que se agradece a aportación de alimentos que serán destinados a comedores sociais e, tamén, a compra de produtos de merchandising, xa que os cartos recollidos serán levados a diferentes ONGs de axuda aos refuxiados.

Ademais dos grupos musicais, no evento estarán á disposición do público diferentes espazos infantís como grupos de teatro, de circo e maxia, para que tamén gocen os máis pequenos.

Galego

Rockmería 2017

Un ano máis, as festas dos Liñares adican un día ao rock. Será o 9 de setembro e contarán coas actuacións de Cé Orquestra Pantasma, A Polémica Banda dos Bechuchos, Dreams of Dolly Sheep, Aphonnic e Dakidarría.

Galego

Festa Cidade Europea do Viño

14 horas de música ininterrupida en Cambados: iso é o que promete a Festa Cidade Europea do Viño.  Emilio José, Oh Ayatollah, Kings Of The Beach, Niña Coyote eta Chico Tornado,  Disco Las Palmeras, Cápsula, Familia Caamagno, Belako, Brian Cross e Presumido serán os intérpretes que pasarán polos diferentes escenarios da festa. 

Os menores de 16 anos entran gratis sempre que vaian acompañados por un titor. As entradas serán a 10 euros en venta anticipada ou a 15 euros na entrada do festival. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival