Terra Máxica
A terceira edición de Terra Máxica terá lugar do 16 de marzo ao 22 de abril en diversos escenarios de seis concellos da provincia de Ourense: Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, Viana do Bolo e Verín.
Terra Máxica comeza este ano en Allariz cunha charla formativa do Mago Teto, A incrible historia da maxia. O domingo 18 o Mago Teto estrea, tamén en Allariz o seu novo espectáculo Alquimia.