Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Marín Vivo

O Concello de Marín presenta a 3ª Edición do Marín Vivo, unha cita coa música en directo que se realiza no Concello de Marín de forma gratuita organizado polo Concello e Néstor Nantes.

Este ano haberá actuacións de Doctor Explosion, The Soul Jacket, Buguibun, The Manuelles e Pegas Negras entre outros.

Galego

Kanekas Metal Fest

Kanekas Metal Fest é un encontro musical onde calquera que se presente poderá gozar de grupos de música metal, completamente de balde. A asociación que o organiza é Morrazica Cult-Metal. O programa é o seguinte: 

Venres 27
Aphonnic
El Altar del Holocausto
Dashgust
Nazca

Sábado 28
Haemorrhage
Teething
AdriTi
Foscor
Cuchillo de Fuego

Galego

Frades Sunset Festival

Frades Sunset Festival é un evento musical no que poderás disfrutar da posta de sol na Praia de Frades, en Baiona.

O martes 18 haberá actuacións de Fonsi Nieto, Groove Amigos, Yaggo, Ludwin Van Brothers e Pablo Méndez.

O día seguinte repetirán Pablo Méndez e Yaggo, e a eles uniránse Abel Ramos, Traffic House, Olga Ryazanova, Gabry Dominguez e DJ Angel Vakeiro.

Galego

Enofestival Ourense 2018

Enofestival é un festival de música pop e rock onde disfrutar de música en directo e do bo viño da D.O. Ribeiro, todo isto maridado co precioso entorno do Bulevar Termal das Burgas en Ourense.

Haberá tres actuacións: Mad Mission ás 20:45h, Anaut ás 22:00h e Cooper ás 23:30h.
 

Galego

Atlantic Fest

A Illa de Arousa é a inspiración orixinal detrás do desexo de crear un festival completamente diferente ao resto. É unha contorna salvaxe e máxica, idóneo para acoller un festival de música das características do Atlantic Fest, un festival onde os artistas son inspirados pola súa audiencia.

O Escenario principal Son Estrela Galicia está situado nunha praia idílica, perfecta para refrescarse entre concerto e concerto.

Galego

Festa da Carballeira

A Festa da Carballeira é un evento que se celebra todos os anos, o primeiro sábado de agosto. A primeira hora da tarde, os prados situados á marxe do río énchense de grupos de baile, pandereteiras e gaitas e outros grupos tradicionais.

Programa:

Venres 3 a partir das 21h
PelePau
Niamh Ní charra
SES
Fatty Farmers

Sábado 4 a partir das 14h
Caxade
Os Farrapos
Cé Orquestra Pantasma
Gran Foliada na Carballeira

Galego

Fisterra Blues Experience

Fisterra Blues Experience é máis que un festival, é unha experiencia que nos trae o son do Atlántico, o blues.

Un evento para un territorio no que a paisaxe, a natureza, o patrimonio e a gastronomía se unen á música cun cartel no que se mesturan artistas internacionais e locais, con obradoiros para toda a familia, viaxes en barco e moito máis.

Galego

Día de Portugal

O Día de Portugal será tamén celebrado en Galicia, cun programa de actividades en Ourense. As actividades arrancarán no mediodía do día 8 con danzas tradicionais, artesanía a gastronomía na Praza Bispo Cesáreo. O programa continuará cos concertos de Maria do Ceo (día 8) e Sílvia Raquel (día 9), na Praza Maior ás 21 horas. 

Galego

Riquiño Exchange Vigo

Vigo organiza o que segundo os organizadores é o primeiro 'exchange' de Galicia. Ese é o nome que reciben os encontros entre bailaríns de swing durante unha fin de semana ao completo. Durante tres días - entre venres e domingo - os participantes poderán bailar con música en directo. O programa contará tamén con outras actividades, como visitas turísticas pola cidade para os visitantes. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival