Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Free Riders

Free Riders é un festival para conductores con pasión pola conducción e os vehículos. Celébrase na praia de Miño durante 3 días nos que poderás acampar na praia, disfrutar de concertos como os de Pölisong, Black Coffee ou The Fuzztones, realizar rutas e circuitos. 

Galego

Berete Rock

O festival Berete Rock regresa nesta sétima edición, na que os protagonistas musicais son Stoned at Pompeii, You Dog!!, Frying Luras, Mostrencos e Radio Zapa!. A entrada para os concertos é de balde.

Galego

Millarock

Un ano máis celébrase no concello de Ames o festival Millarock, que nesta VIII edición contará coas actuacións de RuxeRuxe, Supernatural, the Teta's Van e Astarot.

Galego

Festival Irmandiño

Como é costume desde hai máis de 35 anos, o penúltimo fin de semana de agosto celébrase o Festival Irmandiño na localidade de Moeche. Esta tradición de décadas reúne a diferentes grupos de música folclórica e popular.

Os asistentes xúntanse para conmemorar a toma do castelo, unha tradición que culmina coa representación da queima da fortaleza mediante un espectáculo de fogos artificiais. 

Galego

Festival Reina Loba

O Festival Reina Loba é un encontro de música, arte e ecoloxía. 

Nesta cuarta edición, conta con actuacións de numerosas bandas, como Alparata, Fizzy Soup, Faneka ou Brigada AM. Ademais, haberá diversos obradoiros como o de Xogos tradicionais ou o de Juegológico, e algunhas xornadas de arte e exposicións.

Galego

Season Fest

O festival Season Fest nace coa intención de reunir a públicos de distintas idades e gustos mediante a música. 

Consiste nun festival diferente aos demais, xa que aposta polo diverso. É quen de unir a varias xeracións bailando temas de todas as épocas. 

Ofrece sete concertos, DJs, food trucks e actividades paralelas en distintos puntos para toda a familia.

Galego

Galifornia Beat

Galifornia Beat é un festival que se celebra anualmente en A Guarda, e xira principalmente en torno ao skate.

O programa de este ano é o seguinte:

Venres 3
12:00 Apertura food trucks e Market Place
14:00 Pista aberta (skate libre)
19:00 BestTrick
20:00 Batalla de gallos
21:00 Concertos

Galego

Festival Fax

Festival Fax é unha arma de promoción turística que utiliza a música como escusa para atraer a un público que poda disfrutar de Xinzo e a súa comarca. Unha invitación a desfrutar durante un día dunha coidadísima e atractiva programación que contará coa participación de Coronos, Chotokoeu e Ghezos e que convertirá á comarca da Limia en epicentro da escena.

Galego

Festival da Chaira

O Festival da Chaira conta con concertos e actividades de balde para todos os públicos, ademais dun amplo espazo de acceso libre para acampar baixo a sombra dos carballos.

O festival está organizado pola Asociación cultural A Chaínza, nace no 2005 co fin de promover accións encamiñadas á defensa, protección e divulgación do patrimonio cultural galego. Está formada por xente nova que reside na bisbarra da Terra Chá, en Lugo, aínda que está aberta a calquera persoa que queira traballar con nós pola cultura da Terra Chá. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival