Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Freixo Rock

Freixo Rock é un festival de música rock que se celebra en Vigo. Conta con zona de acampada e moitas actuacións musicais.

O cabeza de cartel é Josetxu Piperrak & The Riber Rock Band, e as demáis actuacións serán as de Radiocrimen, Arkada Social, Skakeitan, Falperrys, The Skarnivals, Maskarpone, Os Rosmóns, Demencia sonora e Os Vacalouras. 

Galego

Festival Ao Compaz

O Festival Ao Compaz é unha festa na aldea de Saumede na que se leva música e outras artes a un lugar normalmente abandonado.

Con entrada de balde e zona de acampada, contará coas actuacións de Alarido Mongólico, BoyankA KostovA, Contenedor De Mierda, diola, Montaña Muerte, Mounqup, Nuria Sotelo, Peña, Selvática, Tzetze, Catártica, Coalición Canaria, Giovanni Dona Dano e moitos más.

Galego

Festa Folk na Fin do Camiño

A Festa Folk na Fin do Camiño é un festival que leva celebrándose dende hai 20 anos. 

Dende as 13:30 haberán actividades, como unha foliada e xogos para nenos. O festival propiamente dito comenzará ás 22:00, coa actuación de Birimbao, despois Os da Porfía, seguidos do plato forte da festa: a cantautora Sés. A tradicional queimada pechará o menú. 

Como novidade, este ano haberá un vaso ecolóxico que se poderá adquirir por 1€ e ten como intención reducir os residuos.
 

Galego

Gadélica Sargadelos

Por terceiro ano consecutivo, Gadélica presenta o seu encontro coa cultura e o arte, no máxico entorno de Sargadelos. Expresións musicais emerxentes da música electrónica, combinaranse cunha morea de actividades de diversa índole, que farán disfrutar ós asistentes ao largo das máis de 48 horas do festival dunha experiencia única.

Gadélica é un festival completamente gratuíto, no que o respeto polo entorno, as persoas e os animais son parte substancial da filosofía, e un dos motivos da súa existencia. 

Galego

Festival do Alto Navia

O Festival do Alto Navia está situado nun espazo paradisíaco e cun microclima de matiz mediterráneo, en plena Reserva da Biosfera, onde gozar dunha xornada no val do alto Navia, en Negueira de Muñiz, protexido por montañas e rodeado por viñedos centenarios. Nunha contorna natural virxe pódese gozar de baños no embalse, música en directo, actividades lúdicas variadas, postos de comida, artesanía e bar. 

Galego

Discalz@sPoloFestival

Festival multicultural, este ano xa na 4ª edición, que reúne a bandas de varios estilos musicais desde a tarde/noite do venres e durante toda a xornada do sábado. 

O venres os concertos comezan ás 22:30 con MadMartinTrio, NAO, The Skarnivals e Polisong.

 

Durante o sábado hai varias actividades programadas ao longo do día: 

12:30: Pasarrúas coa Batukada Discalz@s Percusión

Sesión Vermú con pinchos e amenizada con varias bandas da Vila de Cedeira (ArdeCasas e TriVersion)

Galego

Festa Normanda de Foz

A Festa Normanda de Foz regresa este ano para celebrar a súa octava edición, á cal suma un día de celebración, no que se fará a lectura do pregón e unha churrascada. 

O máis representativo desta festa é a recreación que cada ano se fai na praia de Tupide do Desembarco Normando, no que calquera persona que o desexe pode participar, e do cal tamén existe unha versión infantil para os máis pequenos.

Galego

Extruga Street

Extruga Street é o primeiro festival relacionado coa cultura urbana no sur da provincia de Ourense. De carácter gratuito, apto para todos os públicos e ao aire libre, consta de varias actividades como concertos (entre os cales destacan o de Ricky Hombre Libre e o de Neiz), exhibiciones, talleres, obradoiros, mercadillo, exposicións e proxeccións audiovisuais.

Galego

O Son do Pazo

O Son do Pazo é un festival con gran variedade de estilos e riqueza da música galega e de raíz. Durante os dous días do festival poderase gozar de exposicións de coiro e instrumentos tradicionais, obradoiros, así como un lugar para a acampada libre.

Galego

Entrebateas

O festival Entrebateas nace na Pobra do Caramiñal para estimular a oferta cultural do pobo. Con entrada de balde, ofrece actuacións de diferentes estilos: rock, hardcore, metal e moito máis.

Algúns dos grupos deste ano son Narco, Def Con Dos, Bellaks, Trallery, Golpe Radikal e Meltdown.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival