Festival da Poesía no Condado 2023
O Festival da Poesía no Condado chega este ano 2023 á súa 35 edición. A SCD Condado desvelou o cartel do evento, que se celebrará o próximo 2 de setembro no recinto amurallado de Salvaterra de Miño e que contará coa participación de destacados artistas galegos. Para esta ocasión reuniron a grandes nomes do panorama musical galego, como Sés, o dúo Fillas de Cassandra ou o grupo Dakidarría, que este ano celebra o seu vixésimo aniversario sobre os escenarios.

