Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

FICBUEU

Bueu acolle un ano máis o seu Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que tivo en 2008 a súa primeira edición. 

O festival é un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, no que non só se intenta posicionar o cine local, senón tamén o internacional. Ademais, tamén conta cunha sección especial dedicada ao cine creado por escolares.  

Galego

PoemaRia

Diferentes espazos do Casco Vello de Vigo acollen o festival PoemaRia, un encontro de poesía no que haberá documentais, teatro, recitais e charlas sobre a poesía. 

As poetas Elena Medel, Dores Tembrás, Andreia C. Faria, Anamaria Crowe Serrano, Miriam Ferradáns, Elisabete Marques, Cyntia Menéndez e Nuria Vil e o poeta Diego Carracedo serán os participantes. 

Galego

Costa dos Castros

O Festival Costa dos Castros nace da unión dos intereses de Costa dos Castros e a Asociación Minho Reggae, un colectivo que conta con máis de seis anos de experiencia en produción e xestión de festivais e eventos musicais e deportivos.

O festival Costa dos Castros é un evento sociocultural centrado na música e nas representacións artísticas, que mestura a distintos colectivos e asociación culturais de Galicia, España, Portugal, Brasil, Europa, entre outros, co fin de difundir o folclore e a súa filosofía.

Galego

Festival Aturuxo

O Festival Aturuxo é un encontro folk que se celebra en Bravos dende hai sete anos, organizaro pola Asociación Cultural Recreativa e Deportiva Aturuxeiros de Bravos.

O programa deste ano é o seguinte:

 

Venres 20

20:30h

Actuación de Andarivel

Cea con racións de paella

Foliada libre

 

Sábado 21

13:30h

Sesión vermú concerto

Xantar

17:00h

Xogos interxeracionais

Galego

Antros Pinos

Antros Pinos é un festival que nace no ano 2008, e conta con entrada e acampada de balde.

Este ano celebra a súa XI edición, e contará coas actuacións de Ruxe Ruxe, Vadebo, Zënzar, Skama La Rede, Ezetaerre, Cuarta Xusta, Orquesta Neverloura, enxebre, Pichadiscos Ferromona e De la Cruz Show.

Galego

Rock in Río Tea

Rock in Río Tea é un festival con entrada de balde no que este ano as cabeza de cartel son os Gran Cañón, banda integrada por recoñecidos artistas do panorama nacional como Carlos Tarque, líder de M-Clan, Leiva, Julián Maeso, Ovidi, Iván Chapo e Prisco.

Tamén actuarán Stoned At Pompeii, Met, Alumnos do CDM Rock School, The Parrots, Trebutalina, Basanta, Her Name Was Fire e Atomic Lemons.

Galego

SilFest Valdeorras

O festival SilFest Valdeorras regresa cunha nova edición na que haberá música, cine, poesía, gastronomía e moito más.

As actuacións musicais serán dos grupos e artistas Varry Brava, Dinero, Grises, Nunatak, The Parrots, Presumido, Inerttes, The Handicaps, Los Íñigos, Sr. Jingles, Azor 91, Fixemberg DJ, Neme & Peter DJ, Magín Blanco e Kote Malabar.

Haberá proxeccións de cine ao aire libre das películas The Greatest Showman e Coco.

Galego

Rock & Dorna

Dende os seus inicios no ano 1948, a música xoga un papel fundamental dentro do programa de actividades da Festa da Dorna. De feito, a primeira e practicamente única actividade que se facía para conmemorar o día da Dorna era un gran baile ao que acudían os veciños e veciñas da cidade.

Na actualidade, durante os días de festa celébrase un festival musical que enche de música as rúas de Ribeira, cunha gran variedade de estilos musicais. Nesta edición actuarán neste marco un total de 22 grupos e agrupacións, todas elas galegas.
 

Galego

Milli-Riders

Volve o festival dos amantes das dúas rodas, o Milli-Riders, cunha nova edición na que, aparte de rutas moteras e animación variada, hai un cartel de concertos de balde.

Concertos:
Dagla
Cuarta Xusta
Calle del Ruido
Mago de Oz
Josy da Graver
 

Galego

Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

A Mostra Internacional de Teatro, a MIT de Ribadavia, chega á súa 34 edición cun total de 21 representacións e un reforzo de espectáculos de rúa: as artes escénicas saen do Auditorio do Castelo para repartirse polas prazas e espazos da vila. A comedia musical, as linguaxes híbridas da escena actual e a diversidade son outras das liñas mestras que conforman o programa deste ano.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival