Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Blues Museum

Blues Museum é un festival de música blues internacional que se celebra por segundo ano consecutivo na cidade de Lugo. 

Este ano contará coas actuacións de Travellin' Brothers, Aurora & The Betrayers e The Cyborgs, Southern Avenue, Laurence Jones, Dani NelLo e Los Saxofonistas Salvajes. 

Ademais, haberá unha masterclass de Laurence Jones. 

Galego

Flop Festival

Flop é unha xornada festiva coa música como fío conductor, que promove a tolerancia, o respecto e a diversidade, e reivindica que aínda queda moito por avanzar nos dereitos do colectivo LGTBI.

O festival consta de sesión vermú, xantares urbanos, cócteis e obradoiros infantís. Ademais haberá actuacións de Francis Inferno Orchestra, Putochinomaricón, Guacamayo Tropical, Dos Attack, Pálida, IVY Barkakati, Percebe Cósmico, Certain People.

 

Galego

Riveira Beer Fest

Riveira Beer Fest é un festival de cervexa artesá e comida de rúa que se celebra no mes de xullo en Ribeira. Dentro do festival hai concertos, food trucks, obradoiros, cartas, DJs e xogos populares.

Galego

Sonoaire

Sonoaire é un festival musical que pretende encher as rúas de Redondela de música e de vida, con sete concertos repartidos en dos días. O venres 13 tocarán San Rockers, Blue Monk e Bestlife, e o sábado 14 será o turno de Blackbirds, La Banda de Mazinger, Greenwater e Cherry Sweet.

Galego

Más Que Jazz

O festival Más Que Jazz encherá a cidade da Coruña de música durante o mes de xullo. A quinta edición do festival chega cargada de actuacións de música jazz repartidas por todo o mes en distintos lugares da cidade.

Programa:

Mércores 4
Andrea Alvergue Trío

Xoves 5
Fernando Sánchez Trío

Venres 6
Sisters in the House

Sábado 7
Los Hot Chocolates

Mércores 11
Alejandro Cargas Trío

Xoves 12
Summrá

Venres 13
Trudy Lynn & Steve Krase Band

Galego

Abride a fiestra 2018

O Festival Abride a fiestra, promovido pola Casa-Museo Rosalía de Castro, homenaxeará a autora os días 14 e 15 de xullo co apoio da Consellería de Cultura, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Mercedes Peón, Najla Shami, Cintaadhesiva, Habelas Hainas, Margarita Viso ou a Coral Padronesa serán algunhas das manifestacións culturais inspiradas na autora de Cantares gallegos e Follas novas, das que se poderá gozar no seguinte programa:

VENRES 13 DE XULLO

Quero ver o mar, Carril

Galego

Ecosons

Dez meses despois dos incendios que arrasaron gran parte do patrimonio natural de Vigo, o festival Ecosons, un festival de música para as árbores en formato romaría, quere, de forma simbólica, pechar o círculo e devolverlle á natureza a música que esta permite facer. Máis que iso, Ecosons quere ser un punto de encontro entre a música e a natureza desde diferentes perspectivas e disciplinas. Un espazo para apoiar a concepción, a produción e a consolidación de proxectos sustentados no respecto e no coidado do natural para todos os públicos.

Galego

Vigo SeaFest

O festival Vigo SeaFest mantense fiel á súa vocación de converterse en lugar de encontro e de lecer para toda a familia, ao redor dunha proposta gastronómica complementada cunha completa programación de showcookings, concertos diúrnos e nocturnos, talleres familiares, actividades deportivas, espectáculos escénicos e de animación na rúa, así como cunha ampla área de exposición onde se dará cita o complexo mar-pesca.

Dentro das actuacións musicais, destacan as de Morgan, Gigi McFarlane e Patricia Moon.

Galego

ARTY Life

A zona da Mariña acolle o festival ARTY Life, un evento cheo de música, arte, comida, mercadiños, e moito máis.

As bandas Smoke, Nadine e Everet tocarán en directo para todos os que se acheguen a esta zona da cidade herculina.

Ademais, haberá un espazo adicado aos máis pequenos da casa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival