Festival Agrocuir
Festival organizado polo colectivo Agrocuir da Ulloa que ten como obxectivo visibilizar un rural afectivo e sexualmente diverso. Ademais de mostrar, defender e dar valor á sostibilidade, ao respecto ao patrimonio material e inmaterial e ao ecoloxismo.
Teatro, música ao vivo, obradoiros, contacontos e cinema son algunhas das actividades que compoñen o programa deste festival.

