XIII Festival Internacional Rebulir
Ao longo dos catro días do festival, haberá espectáculos de animación e jam session en distintos espazos, obradoiros para públicos infantís e xuvenís, saídas, feira turístico-gastronómica e, como evento principal, a gala do sábado, na que se entregarán os Premios Rebulir da Cultura Galega 2018, e que contará coa participación de Carlos Blanco, Guadi Galego e Romaría Raigame, coa presentación de Ce Orquestra Pantasma.

