Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

'O Son do Camiño 2019'

O SON DO CAMIÑO 2019
Chega a 2ª edición do Festival O Son do Camiño, un dos festivais máis destacados de Galicia con artistas locais, nacionais e internacionais como Black Eye Peas, Rosalía, Iggy Pop, Die Antwoord, etc.
O Festival contará con zona gastronómica, zona de acampada e servizo de transporte dende diferentes puntos da península.
XOVES: Die Antwoord | Bastille | Richard Ashcroft | Dimitri Vegas & Like Mike | Beret | Royal Republic | Graveyard | Second | The Zombie Kids | Kitai | Molina Molina | Alice Wonder

Galego

VIII Festival Arte pola Igualdade nas Letras Galegas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, súmase, como cada maio, aos CMUS Profesional da Coruña, CEIP Eusebio da Guarda, CEE Nosa Señora do Rosario e CEE María Mariño e CEIP Luís Seoane que, coa colaboración do CIFP Imaxe e Son, o CIFP Someso, o CIFP Ánxel Casal- Monte Alto e o IES Leixa organizan o Festival Arte pola Igualdade.

Para a ocasión elaboraron versións en lingua de signos, con pictogramas e como audioconto d'O Casamento da Pulga recollido por Antonio Fraguas Fraguas, aos que se pode acceder desde o díptico que figura nos documentos relacionados.

Galego

XII Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso

Este festival ten como obxectivo encher a vida musical da cidade de Ourense. A catedral, diferentes igrexas e o Teatro Principal,son algunhas das localizacións onde se celebran os concertos.

Nesta edición participarán grupos como Vienna Clarinnet Connection, Apollo5, La Reverdie, Los Músicos de Ureña e Odhecaton, entre outros. Ademais, levaranse a cabo encontros con algúns dos artistas invitados, mesas redondas, conferencias e clases maxistrais.

Este festival está organizado polo Concello de Ourense e conta co apoio da Deputación de Ourense.

Galego

Esmorga Fest

Toundra, Carolina Durante, Lagartija Nick, Sierra ou Apartamentos Acapulco son algúns dos artistas que actuarán na nova edición do Esmorga Fest, a quinta deste evento.

Esta cita reúne a todos os e as amantes da música indie e underground fóra das datas de verán, nas que habitualmente se desenvolven estes festivais. 

As entradas están xa á venda na web do festival.

Galego

FestAlegre

Varias artes protagonizan o FestAlegre, un festival que reúne dez espectáculos de circo, danza, música e teatro en seis escenarios diferentes de Santiago de Compostela na semana do 17 ao 23 de decembro.

A entrada a todos os eventos é libre ata completar capacidade

Programa 

Luns 17 | Teatro
Goldi libre 
TEATRO PRINCIPAL 20.00 h

Martes 18 | Teatro
Anatomía dunha serea 
TEATRO PRINCIPAL 20:00 h

Mércores 19 | Teatro
Salvador 
TEATRO PRINCIPAL 20:00 h

Galego

Cidade do Nadal

O Nadal toma a Cidade da Cultura coa programación de Cidade do Nadal, unha programación de actividades para toda a familia e para todos os públicos que arrancaron o 14 de decembro co prendido da iluminación festiva e que non rematará ata o día de Reis. 

Galego

Escenas do cambio

Quinta edición desta cita coas artes escénicas que, como outros anos, leva á Cidade da Cultura e a outros escenarios de Santiago de Compostela unha serie de propostas de vangarda. 

Consulta toda a programación e información de venda de entradas aquí.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival