Go! Events
Go! Events, as festas organizadas polo dj galego RJ Junior alcanzan os nove anos de vida e van celebralo cun evento na súa casa habitual, a sala O Pantalán da Coruña e con dous invitados internacionais: Regis e Klaudia Gawlas.

Go! Events, as festas organizadas polo dj galego RJ Junior alcanzan os nove anos de vida e van celebralo cun evento na súa casa habitual, a sala O Pantalán da Coruña e con dous invitados internacionais: Regis e Klaudia Gawlas.
Festival organizado pola Discoteca Malizzia de A Guarda, cun cartel de nomes destacados do pop nacional da década dos 80.
Este ano contamos con Javier Urquijo, un dos fundadores de Los Secretos acompañado pola súa banda. Ademáis estará "La Banda de Mazinger" co seu poderoso directo donde repasarán os mellores temas da época.
Ricardo Rodrigues aka Industrialyzer naceu e creceu na capital portuguesa. Aos 14 anos, inspirado pola profesión do seu pai (músico) comezou a recibir clases de guitarra. Dous anos mais tarde comeza a estudar música de forma mais seria. Pasado o tempo, Ricardo únese a varias bandas e actúa por primeira vez en bares, salas de concertos e festivais. Aos 17 anos descobre a súa paixón pola música electrónica.
Festival que ten lugar o 20 de Marzo en Santiago de Compostela na Sala Malatesta
Leury José Tejeda, musicalmente coñecido como Chimbala, é un cantante dominicano de música urbana de Santo Domingo. Estará acompañado de máis artistas de música de reggaeton.
The Wild, un evento multidisciplinar e sustentable cheo de actividades para todos os gustos, desde concertos, andainas, e xogos para os máis cativos ata cine de natureza, faladoiros e arte, manterase fiel aos seus valores, por iso seguirán apostando por levar a cabo diversas accións sostibles co medio ambiente.
A veciñanza do Barrio de San Pedro ábrenos as súas portas para vivir un roteiro interactivo cheo de teatro, maxia, circo e poesía.
7 espazos, 7 propostas e 4 pases.
A oportunidade de elixir que casas visitar, que disciplina explorar e achegarche ás artes escénicas de intervención doméstica!
Festival solidario coa actuación da Nova Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, o Coro da Xunqueira e o Coro García Limeses.
As festas, que tomarán na primavera as salas de concertos das principais cidades galegas, achegarán a outras cidades e vilas algunhas das propostas artísticas que xa son himnos do festival, como aos Dakidarría -que son unha das bandas que máis veces pisou os escenarios do SonRías e que sempre tivo unha resposta espectacular por parte do público- presentando a súa proposta en acústico e Muyayo Rif, que foi a gran sorpresa da pasada edición; ou unha das propostas de world music máis interesantes do país, García Mc & Nación Quilombo, que estará en agosto no festival e Ninhodelosrecaos Dj,
Feira de produtos rosalianos con actuacións musicais, teatro, regueifa e obradoiros. Reinterpretada, revisitada, e reinventada constantemente durante os máis de 183 anos que leva entre nós, Rosalía de Castro converteuse na verdadeira heroína da nosa cultura e como tal, o Festival Rosalía quere celebrar a súa vixencia e importancia.
O Festival Rosalía é unha iniciativa da Deputación da Coruña, que se desenvolverá na cidade de Santiago de Compostela o día 29 de febreiro na praza de Cervantes e que conta coa colaboración de Concello de Santiago e do Museo do Pobo Galego.