Barbeira Season Fest 2019
O Barbeira Season Fest é un día de praia coa mellor música en directo. Gastronomía local, coloquios, charlas e convivencia de artistas e público nunha das praias máis bonitas no Camiño de Santiago.

O Barbeira Season Fest é un día de praia coa mellor música en directo. Gastronomía local, coloquios, charlas e convivencia de artistas e público nunha das praias máis bonitas no Camiño de Santiago.
A primeira edición do Nachiños Fest chega a Ferrol cun cartel nun entorno de praias e natureza inigualable onde o surf e a música son os protagonistas absolutos.
Novedades Carminha, Carlos Sadness, Guitarricadelafuente, Ortiga, Natalia Ferviú Dj e un montón de artistas máis por confirmar encherán a localidade de As Cabazas de Covas en Ferrol de música e un ambiente festivaleiro que será o primeiro de moitos máis.
O Bless Festival trátase do único festival en Galiza que aúna música ska, rocksteady e reggae ao mesmo tempo. Os precio oscilan entre 15€ e 18€ según sexa entrada anticipada ou en taquilla.
A aposta dos organizadores do Tangaranho Rock 2019 é ofrecer un programa que inclúe propostas de varios estilos de rock, dende punk ata o thrash metal. As actuacións previstas para a noite do 28 no Parque da liberdade son de carácter gratuito
Miúdo Fest, é o recoñecemento e posta en valor da cultura galega, especialmente do universo infantil a través da música feita para as crianzas, coa espranza de que sexan as e os artistas do mañá.
Arteficial é unha asociación formada por un grupo de mozas e mozos da comarca do Ribeiro que nace co obxectivo de potenciar novas actividades e mesturar diversas formas de expresión cultural dende unha postura actual e innovadora, atendendo así á demanda da xuventude en xeral.
Festival levado a cabo en Caldas de Reis co obxectivo de reunir a máxima cantidade de comida posible. Os alimentos doados serán levados ao Banco Provincial de Alimentos para a súa óptima xestión. As consumicións terán prezos populares e os beneficios destinaranse á axuda dos máis necesitados.
A Fundación Rosalía de Castro, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza a segunda edición desta festa rosaliana que conta cun amplo programa de actividades: música, performances, visitas guiadas, regueiras, feira rosaliana... e, por suposto, poesía.
Festival cheo de sons que naceu hai 9 anos (2010). Foi posto en marcha por Sabela Ramil e o seu irmán, Juan, conxuntamente cos amigos/as da súa parroquia nun entorno rural maravillosoe ao lado da milenaria igrexa de Bravos (Ourol, Lugo).
Arrancamos o venres 19 de xullo co preaturixo e degustando unha paella popular para ir instalándose na zona de acampada e coller bon sitio. Seguimos o sábado 20 cun festival con acamapada libre, xogos tradicionais para todas as idades, e moita música en galego para todos os públicos.
O 'Rompetiño Jump' é un evento anual musical, deportivo e cultural que ten como obxectivo achegar a cultura urbana de forma conxunta, para así poder disfrutar deste tipo de festivais dun xeito diferente. O evento está dirixido a xente nova vinculada á estética urbana, deportes de risco, amantes da natureza, a música rap trap e electrónica.