Festa dos libros 2018
Co verán chegará á cidade de Pontevedra a Festa dos Libros 2018. Será os próximos días 22, 23 e 24 de xuño na praza da Ferraría.
Haberá presentacións, venda de libros, sinaturas de autores/as, música, contacontos, obradoiros, recitais... todo isto e moito máis, na única festa co libro e a lectura como absolutos protagonistas.