Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Festiparvo

A axencia Parvo quere celebrar que segue viva tras un tempo, e o fará mediante unha festa de fin de tempada, na que pariciparán todos os implicados nese proxecto cultural.

O venres 29 de decembro terá lugar a celebración do décimo aniversario dos Cró!, banda histórica do underground galaico, ademáis de contar coa participación dos pontevedreses diola. 

Galego

#Cineuropa31

O festival Cineuropa celebra a súa 31ª edición levando a Santiago de Compostela 264 filmes. Unha ampla escolma de cine europeo, estatal e galego, repartidas en 19 seccións, entre as que hai que destacar o ciclo temático Novecento: o século das revolución, co gallo do centenario da Revolución Rusa. 

Galego

Festival AMAL 2017

A Semana de Cine Euroárabe Amal celebra a súa décimo quinta edición, un ano máis no que este festival audiovisual continúa apostando por servir de encontro entre as culturas árabe e europea, tendendo pontes a través da linguaxe universal do cine.

Galego

VII Festival Internacional Kerouac de Poesía e Performance

A poesía e o arte sae ás rúas, aos museos e aos bares na memoria de Jack Kerouac e a Beat Generation.

p.p1 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px 0.0px; font: 12.0px Helvetica} p.p2 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px 0.0px; font: 12.0px Helvetica; min-height: 14.0px}

O festival dará comezo o mércores 18 ás 19:30 no Corte Inglés cun recital presentación do libro Latexo Beat, de Galaxia.

 

O xoves 19, ás 20h no Instituto Camoes continuará o festival con Yolanda Castaño e outros. Seguirá cun micro aberto ás 22h na Fiesta de los Maniquíes.

 

Galego

OUFF Festival de Cine Internacional de Ourense

Este evento é un dos máis importantes en toda Galicia dentro do seu xénero. Trátase dun festival que se centra no mundo cinematográfico e a súa primeira edición comezou hai vinte e un anos.

Aos poucos vai collendo máis relevancia e actualmente céntrase en dar a coñecer ao mundo o cinema independente, moi importante na nosa comunidade.

Ao OUFF chegan propostas de todos os países do mundo para participar no concurso, entre as que atopamos todo tipo de xéneros como o documental, longametraxes, animación ou curtametraxes.

Galego

Pontus Lupulus 2017

Este festival ten como temática principal a importancia da cervexa en Galicia. No evento repártense unha media de 2500 litros da mesma. Ademais a dinámica do evento atrae a diferentes turistas da zona que chegan ao festival para atoparse cun evento diferente.

A iniciativa comezou hai tres anos e desde aquel momento vai collendo máis fama entre a poboación.

Entre as actividades planificadas para ese día, encontramos diferentes concertos, sorteos, talleres para nenos e exposicións ademais de numerosas catas de cervexa.

Galego

IV Poemagosto

Poesía, concertos, charlas, actividades infantís, micros abertos, combate poético…Un festival de poesía cun marcado carácter internacional, a través dunha boa mostra de linguas, nas voces dos poetas convidados este ano: Yolanda Castaño, Antía Otero, Vanessa Glemsel, Irene Fernández, Olga Novo, Xabier Xil Xardón, Antonio Orihuela (Andalucía), David Castillo (Catalunya), Pablo X. Suárez (Asturies), Miren Agur Meabe (Euskadi), Hu Xudong (China), Francesca Cricelli (Brazil – Italia) e Judit Díaz Barneda (tradutora ó catalán do poeta ruso Joseph Brodsky, premio Nobel de Literatura 1987).

Galego

Quedamos na casa!

Quedamos na Casa! é un proxecto que busca exhibir e dar visibilidade a tódolos departamentos culturais da Universidade de Santiago de Compostela ao mesmo tempo que achega ao público xeral e á comunidade universitaria parte do seu patrimonio menos coñecido. Así, facendo uso dun dos seus edificios máis singulares, a Casa de Europa sita no parque Vista Alegre, terá lugar unha xornada onde o teatro, a danza ou a música tomarán os espazos de dito edificio para transformalo nun escaparate vivo de tódalas actividades e servizos culturais que a USC ofrece aos seus estudantes.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival