Ribadeo Indiano 2017
A cuarta edición do Ribadeo Indiano contará con música, teatro, visitas guiadas, conferencias, unha exposición e un obradoiro de baile de tango.
Volverá o mercado de produtos de ultramar, así como o festival de habaneiras e música hispanoamericana o 8 de xullo.
A exposición do fotógrafo Alberto Martí reflicte o éxodo galego a América entre 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo.
Ademais aproveitando a celebración dos 100 anos do tango A Comparsita, haberá un obradoiro de baile de tango de salón.

