Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Poemaria Vigo 2017

Certame que conta coa participación de poetas e artistas de toda España, Portugal, Irlanda, Reino Unido e Eslovenia: Yolanda Castaño, Xina Vega, Pepe Cáccamo, Paul Casey, Natham Mann, María do Cebreiro Rábade Villar, María Sanchez, Luz Pichel González, Isaac Xubín, Gelria, Filipa Leal, Estíbaliz Espinosa Río, Carmen Camacho, Antía Otero, Ana Luísa Amaral, María Reimóndez. 

A poesía tomará o MARCO, a Praza do Abanico no Casco Vello Alto, a Estación Marítima, o Sifon Vigo e o Centro Cultural do Instituto Camões - Vigo.

A entrada é de balde.

Galego

As raíces na pedra

As raíces na pedra nace co obxectivo de difundir a nosa cultura tradicional do xeito máis lúdico posible e coa participación da cidadanía. Para iso, vanse organizar obradoiros nos que calquera se poderá iniciar no baile da muiñeira, das xotas ou das danzas de reis, e tamén aprender algo máis dos xogos tradicionais. Están previstas catro sesións no que queda de ano, cunha parte didáctica a cargo dunha das formacións implicadas no proxecto, e cunha actuación posterior doutro dos grupos.

Galego

Festival Ribeiro Son de Viño 2017

Malandrómeda, Escucahndo Elefantes, De Vacas, Sen Senra e Kings of the Beach serán os protagonistas musicais da próxima edición do Ribeiro Son de Viño. Cada un deles harmonizará coas súas cancións os viños das adegas Alberte, Viña Meín, Viña Costeira, Eduardo Bravo, Villanueva e Son de Arrieiro.

Ribeiro Son de Viño é o único festival de Galicia que combina música en directo con degustacións de viños da Denominación de Orixe Ribeiro, na contorna privilexiada de San Vicente do Mar.

Galego

Folk in Touro

Todo preparado en Touro para gozar unha vez máis dun encontro festeiro na beira do río cargado de actividades e concertos; Ses, Os Dabaixo, Cantigas e Agarimos e o espectáculo de novo circo de Peter Punk, entre outras actuacións.

Súmanselle un ano máis os cantos de taberna, feira de artesanía, xogos populares, xantar campestre, animación infantil, maxia e moita troula.

Máis información, aquí.

Galego

PortAmérica 2017

Leiva, The Horrors, Asian Dub Fundation, Aterciopelados, Instituto Mexicano del Sonido, Zuco 103, Yall, Carlos Jean e Igloo súmanse aos xa confirmados Xoel López, Porter, Iván Ferreiro, Illya Kuryaki & the Valderramas, Kase O, Niños Mutantes, Los Amigos Invisibles, Depedro, Novedades Carminha, Triángulo de Amor Bizarro, Siddhartha, Carlos Sadness, BNegão & Seletores de Frequência, Enric Montefusco, Indios, Ángel Stanich, Orkesta Mendoza, Mateo Kingman y Rufus T. Firefly.

Con estes últimos son 28 os artistas que pasarán polos 2 escenarios da Carballeira de Caldas de Reis. 

Galego

Vigo Sea Fest

O Náutico de Vigo acolle este festival, creado pola Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) que terá lugar o segundo fin de semana de xullo durante tres días consecutivos. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival